xoves, 16 de outubro de 2008

<> A Máquina do tempo: "¡Que buena estás Carolina!"

Votamos a vista atrás. Ano 1985. Programa: Como Pedro por su casa. Presentado polo humorista Pedro Ruíz. Facía parodias de todo tipo, entre elas a do inolvidable Libro Gordo de Petete, pero á súa maneira. Neste peculiar libro gordo, o mítico Petete era sustituido por un tal Pedrete, un trasno con apariencia humana. Entre reflexións persoais e piropos á presentadora, Carolina, transcurría esta sección do programa. Aquel "¡Qué buena estás Carolina! calou na audiencia que venres tras venres agardaba o piropo aquél que se fixo tan famoso. E a xoven non era nin Carolina de Mónaco nin Carolina Cerezuela. ¿Quen se lembra do programa?...



E aquí vos deixa outros fragmentos do programa onde imitaba a persoas famosas, cantaba... ¿Acórdaste?






UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

<> INTERNET: música + estados de ánimo=Rockola

En días tristes e apagados, en días de choiva coma hoxe, en días así faise preciso subir ó ánimo con ritmo e alegría. A música é un bo estímulo para contrarrestar os efectos. Outras veces, precisamos de relaxación, ou precisamos sentirnos querid@s. Buscamos temas sentimentales, melancólicos...

Para os estados de ánimo hai distintos tipos de música. Se unificamos música e estados de ánimo atopámonos con Rockola.Fm, un portal no que podes escoller a música a escoitar en funcíón do teu estado de ánimo: optimista, intenso, melancólico,e sentimental. E podedes conxugar isto con calquera década a partir dos 50 e, incluso crear a túa emisora de música preferida.

Recoméndovos esta páxina web. De feito tedes un link no apartado de enláces útiles de A Lareira Máxica en Música On Line. A web ten aspectos moi positivos e unha ampla base de cancións. Un consello: rexistredevos para non ter so un acceso limitado ou a modo de proba. Con todo existe un inconveniente: debedes escoitar alomenos un tema enteiro cada certo tempo ou senón o reproductor non vos deixará elixir unha nova canción. Os propietarios da web xustifícano en motivos legais polos dereito de autor.



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

<> A Frase Máxica...Albert Schweitzer

" Os anos enrugan a pel, pero renunciar o entusiasmo enruga o alma "



Albert Schweitzer

mércores, 15 de outubro de 2008

<> Xa podedes votar nos premios 20 minutos

Desde hoxe, 15/10/08 e ata o 02/11/08 xa podedes votar nos premios de 20 minutos. Uns premios ós que se presenta por segunda vez A Lareira Máxica (ALM). Na primeira, no 2007 non tivemos ningunha sorte. Desta vez a ver se polo menos acadamos un lugar digno. Sería todo un éxito.

Son 20 categorías distintas. ALM participa nas de mellor blog en versión orixinal (lingua propia distinta do castelán) e a de mellor diseño. Na primeira hai un total de 61 blogs inscritos. A ver se hai sorte, pero vai ser moi moi moi moi difícil. Anímovos a participar nos premios e, se votades por ALM, gracias. ¿Existen os milagros no mundo dos blogs? Por probar...Coido que ALM non lle ten nada que envidiar a moitos dos restantes 60 blogs, pero as votacións non sempre son xustas....

Estas son as bases do concurso. É preciso ter inscrito algún blog no concurso para votar. Pódese facer por un blog en cada categoría.

Lembrade tamén que ata o 7 de novembro podedes participar votando nos Premios Bitácoras 2008. ALM inscribiuse na categoría o mellor blog revelación.