sábado, 4 de outubro de 2008

<> DE BLOGS: Turismo de Galicia

A partir de agora, en A Lareira Máxica falaremos periodicamente doutras webs e blogs que poden resultar de utilidade ou interesantes. En moitos casos chegamos a estas páxinas de casualidade, o cal non foi óbice para que as seguiramos visitando porque trataban algún tema que nos gustana ou, simpremente, porque nos apetecía lela. O que escribe xa falou algunhas veces de forma aislada dalgunha páxina, pero coido que chegou a hora de darlle máis presencia a este tipo de artigos. Tamén vos invito a que enviedes ó e-mail de A.L.M. (alareiramaxica@gmail.com) suxerencias de blogs ou webs que pensades que vos gusten. Se é cunha pequena descripción e opinión vosa mellor que mellor.

Hoxe toca viaxar. Acércamonos ó blog Turismo de Galicia que elabora Juan Luis e no que nos proporciona información útil sobre o turismo en Galicia: noticias, lugares, festas, feiras, praias, balnearios, casas rurais, hoteis e outros aloxamentos, alquileres, monumentos,etc. Un servidor acaba de descubrilo e a primeira impresión foi boa. De xeito resumido e directo acércanos a todo o relacionado co turismo en Galicia e dispón ademais de enlaces ou links interesantes. Un blog dirixido ás persoas que gustan de saborear da cultura e as viaxes.



Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

luns, 29 de setembro de 2008

** Novo diseño e varias novidades en A Lareira Máxica

A Lareira Máxica modifica a súa apariencia e diseño. Cambios introducidos:

- Eliminei os debuxos da plantilla harbour (faro e nubes de fondo na parte superior e inferior)
- Coloquei o logo do blog á esquerda, onde antes estaba o faro
- Fondo azul celeste, en troques do branco con algún troziño de azul
- Menú de pestañas na parte superior do blog
- Co gallo de facilitar a navegación polos enlaces da parte esquerda do blog, puxen un índide da temática que recolle os links ou enlaces.
- No archivo por etiquetas ou temas (parte dereita do blog, á metade aproximadamente) podedes consultar tódolos posts ou artigos referente a esa etiqueta. ¿Cómo? Premendo o icono que aparece a continuación de cada tema.

Nas vindeiras semanas é posible que haxa algún pequeno reaxuste. Un deles podería ten que ver coa cor de fondo do blog. Estiven dubidando entre a azul celeste que puxen, unha verde clariña ou unha totalmente branca. Como me gustaría que os soedes visitar A Lareira Máxica vos sentirades a gusto navegando por ela pídovos que opindes ó respecto, se non é moita molestia.

En canto ó contido do blog, proximamente irei incorporando novas seccións. Unha delas vai ter que ver con fotos vellas que signifiquen moito. Algúns de vós xa me enviástedes algunhas. Gracias a tod@s. Podedes seguir facéndoo. De momento non vos adianto máis sobre os contidos. Pouco a pouco irédelos observando. Neste novo curso tentarei facer artigos máis curtos, pero que busquen máis a opinión e a reflexión vosa. O humor, a música, os vídeos, as fotos, as lembranzas, a actualidade, os deportes, as frases, os relatos, os artigos de opinión alleos e os propios, as cousas que vos cabrean ou alegran ou as enquisas conxugarán a columna vertebral deste blog no que AGARDO CONTAR COA VOSA PRESENCIA EN FORMA DE VISITAS, COMENTARIOS ARTIGOS ou PROPOSTAS. Por suposto tódalas temáticas, agás a da política, terán o seu espacio aquí.

Noutra orde cousas apuntei a A Lareira Máxica ós concursos de Bitácoras.com (patrocinado polo diario ADN) e a dos Premios 20 Blogs (do diario 20 minutos). No segundo caso apunteino nas categorías de mellor blog en versión orixinal e o de mellor diseño. Salvo un milagro non gañarei ningún premio, pero si que me faría ilusión ter algúns votos cando menos. Polo menos o importante é participar. No premio bítácoras xa podedes votar do 10 de setembro ata o 7 de novembro, e no que organiza o xornal 20 minutos as votacións empezarán a partir do 15 de octubre e ata o 2 de novembro. Para máis información tedes os enlaces nos iconos dos premios (marxe superior dereito). Se me votades, gracias, e senón pois seguídeme visitando e colaborando na forma en que poidades con blog. Iso xa me fará feliz.

ACTUALIZACIÓN 03-10-08: A cor do fondo pasa a ser provisonalmente verde claro (Periodo de probas).

domingo, 28 de setembro de 2008

** Os adiantos tecnolóxicos non sempre son bos



sábado, 27 de setembro de 2008

** Un ceo todavía máis azul

A vida ten data de caducidade para todos e non fai excepecións. Nisto dá igual a presencia ou non da fama. Hoxe morreu Paul Newman ós 83 anos. El foi un dos actores de Hollywood máis famosos de tódolos tempos e un dos máis atractivos para as mulleres (sempre se quedaban atrapadas pola luminosidade dos seus míticos ollos azuis). Diso hai plena constancia. Nestres intres pásanseme pola cabeza moitas películas nas que bordaba o seu papel. Gran intérprete que nos deixa un cuantioso legado filmográfico. Descanse en paz.