xoves, 31 de xullo de 2008

** ¿ No medio dun deserto en pleno verán?

** No pretendo <:::> Gloria Estefan

Unha balada moi boa de Gloria Estefan. Letra profunda e cheo de significado. Intimista e emotiva. Sincera e chea de amor. Reflexiva e chea de intención. Ás veces, non se pretenden as cousas cando xurden..."Simplemente es el amor..."

martes, 29 de xullo de 2008

** Os anuncios televisivos: ¿arte, pesadelo ou qué?

A publicidade é algo que, polo xeral (inclúome), odiamos. Pero non todos. Tiña un amigo que me dicía hai anos que "son un bicho raro. No meu piso cando chega a publicidade todos cambian de canal. O normal, vamos, pero a min o que me gusta e ver sólo anuncios".

Sobre a publicidade non sei se está todo escrito ou non. Baixo o meu punto de vista persoal podería encadrar os anuncios en tres grandes bloques: os malos, os bos, e os que nin pinto nin colorado...A clasificación, como vedes, non é gran cousa. O que teño claro é que anuncios bos hai moi poucos. Que lembre agora so me veñen a mente dous(ainda que algúns máis habería). Un é aquel no que se fomenta a lectura e se di algo así como: "Si tú les, el también leera", no que uns pais len diante do seu fillo pequeno para predicar co exemplo. Paréceme un anuncio simple pero moi instructivo e bo. Non fai falta derrochar moitos cartos. Ás veces é máis importante o inxenio ou a creatividade sen complicacións e deixarse de anuncios espectaculares ou adornado con tintes machistas ou feministas (parece mentira que no século XXI aínda se recurra a estas artimañas prehistóricas e sexistas, porque tan malo é utilizar un home ou unha muller como icono sexual). Neste senso, Os publicistas arxentionos encántanme pola súa gran creatividade. Aínda me lembro do anuncio dunha coñecidísima marca de refrescos que dicía: "Para los niños, para los mayores, para el, para ella,..."

O outro anuncio era aquel de Colón, que pasou á historia da televisión e da publicidade: "Busque, compare, y si encuentra algo mejor cómprelo", sentenciaba polos anos 80. Foi rompedor naquela época en España.

Sóenme gustar os que encarga a ONCE. Un que creara moita expectación fora o das famosas colas sen saber para que era, ata uns días despois. Foi, creo, a finais dos 80.

Logo hai anuncios pasables ou malos, que simplemnte anuncian a nivel ramplón e con escasa ou nula creatividade e que adoitan a copiarse ou repetir modelos antes empregados. Calculo que constitúen o 90% do total.

Outra clasifación podería ser a de anuncios simpáticos ou non. De andar por casa, como vedes. Non entro a valorar se son bos ou non. Neste caso n on. Nesta clasifacións, os dos anuncios aqueles de deterxentes son uns dos máis antipáticos que lembro: un home que chega ó piso dunha muller e a aborda co seu deterxente (nun incluso entraba pola ventana. Ver para crer). Casi atracándoa, mánchalle a prenda de roupa. Demasiado manido e moi socorrido. Ougallá vexa algún anuncio de deterxente creativo algún día... Pouco creíbles.

A nivel de anuncio simpático, venme a mente este....



E vos, ¿que pensades da publicidade: duración, creatividade,...? ¿Cal é o voso anuncio preferido? ¿Cal é o que aborrecedes profundamente? ¿Cal foi o anuncio máis simpático e que vístedes? A ver que saen das vosas respostas. O tema coido que se presta.



UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

luns, 28 de xullo de 2008

** Proximamente....Un post moi entrañable (1)

Sí, proximamente publicarei un post moi especial e cheo de moitos recordos cando menos para un servidor. Paciencia...