sábado, 19 de xullo de 2008

** A Frase Simpática....doutra modelo (en físico)

" Amo Inglaterra, y especialmente su comida, porque no hay nada con lo que disfrute más que con un buen plato de pasta... "Naomi Campbell, dixit


É que Inglaterra ten fama pola súa boa pasta...Italia distínguese pola tortilla de patacas española e España é famosa polo seu roastbeef. O mundo ó revés...

sábado, 12 de xullo de 2008

** La Naranja China: " Que te den "



¿Será ésta unha das cancións do verán? Divertida e desenfadada é, diso non hai dúbida.

xoves, 10 de xullo de 2008

** Sogecable certifica a defunción dos míticos guiñoles

Adeus ós míticos guiñoñes de Canal Plus e Cuatro. A canle do grupo Sogecable decidiu acabar con eles e retiralos da súa parrila tanto na televisión como na radio (Cadena Ser) por ser "moi caros". De ter un espacio propio duns minutos de duración preto das 22:00 horas na etapa de Canal + e nos inicios de Cuatro, a ter que aparecer dentro do programa Noche Hache de madrugada.

Actualidade, humor e ironía eran tres dos ingredientes de Los Guiñoles.Desde setembro do ano 95 iluminaron os nosos sorriso. Daquela aparecían nas horas sen codificar de Canal +. Nestes case 13 anos apareceron na televisión e na radio. Chegáronse a crear uns 150 personaxes. Políticos, futbolistas, actores, presentadores,... e ata unha cabra, a da Lexión: "Blanquita" á cal so lle faltaba falar...Os guiñoles sentaron cátedra. Para sempre nos quedaremos co personaxe de guiñol de Hilario Pino repetindo, indo, as súas palabras, abras. Para sempre veremos como a presentadora Marta Reyero manexa con destreza insusitada o seu bolígrafo no seu alter ego couché. Michael Robinson, Iker Jiménez, Ronaldo, Ronaldinho, Raúl, Luis Aragonés, Javier Clemente, Felipe González, Aznar, Zapatero, Rajoy, Penélope Cruz, Fernando Alonso, e moitos moitos outros. Para sempre aquel mítico streptease político ó estilo Full Monty...

Triste decisión a adoptada por Sogecable. Descansen en paz.





ARTIGO ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

** Curtomanía: promovendo a creación audiovisual

Desde a plataforma 12 lúas promovemos as novas iniciativas das curtametraxes galegas en CURTOMANÍA. Para iso cada semana colgaremos unha nova curta para que a xenta a vexe e a comente. Promovendo desta maneira as novas creacións audiovisuais. A páxina é http://curtamania.blogspot.com

Un saúdo



ENVIADOR POR: Francisco Porto