xoves, 12 de xuño de 2008

** A Frase (resposta) "Simpática"...de Shakira


Pregunta: "¿A qué lugar le gusta más viajar y por qué?"

RESPOSTA de Shakira: "A Roma, sin duda, porque es la tierra donde nació
Nuestro Señor Jesucristo, y eso se detecta en el ambiente que vives allí ..."




Sen comentarios. Iso si: como cantante encántame.

sábado, 7 de xuño de 2008

** Tele 5 emite en diferido a clasificación de F-1 en Canadá !!

Telecinco tomounos o pelo a tódolos españois e emitiu en diferido, na tarde deste sábado, a clasificación para o Gran Premio de Canadá que se disputa mañán domingo.

As probas tiñan que empezar ás 19:00 horas (horario de España), pero a canle privada programouna e emitiuna ás 19:45 horas. A min estrañábame que fose a esa hora porque sabía que era ás 7 da tarde. As 19:10 entrei en internet na edición electrónica dos xornais deportivos e... SORPRESA, SORPRESA: estaban informando ó minuto das probas de clasificación do Gran Premio de Canadá, que XA PRINCIPIARAN. A propia web de Telecinco, igual que outras webs, sí estaban informando desde as 19 horas do que estaba a pasar nas clasificacións.

As 19:30 Telecinco iniciou a retransmisión facendo unha presentanción do Gran Premio, para as 19:45 (45 minutos despois do seu verdadeiro inicio) empezar a emitir as probas de clasificación EN DIFERIDO. En ningún momento dixeron que fose en directo nin en diferido, iso si, pero ¿por qué emitilo EN DIFERIDO sabendo a gran aficción que existe en España á Fórmula 1???. Unha auténtica tomadura de pelo. Menos mal que internet permite ver canles doutras televisións estranxeiras en directo. E alí si puiden seguilo en directo.

Este ano é o último de Telecinco cos dereitos de emisión do Mundial de Fórmula 1. Ata o de agora fixérao moi ben neste deporte. Hoxe fallounos. ¿Por qué?. A partir do vindeiro ano será La Sexta quen o emita. Esperemos que nos repete máis que hoxe Telecinco.

Por certo, Fernando clasificouse en cuarta posición. Sorte para mañán Fernandinho!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN ESCRITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 6 de xuño de 2008

** De ciclos, clases de amizades e a vida mesma

" La verdadera amistad es planta de lento crecimiento que debe sufrir y vencer los embates del infortunio antes de que sus frutos lleguen a completa madurez "
George Washington


A vida está chea de ciclos. Ningún é eterno. Ningún. Todo principia e todo remata. Hai ciclos bos, cheos de alegrías e bos momentos que desexarías que nunca tivesen acabado. Outros, por contra, son de sabor amargo e ulen a ocre oxidado e envelenado, son feras encerradas nunha diminuta xaula sen pechadura certa e aparente desexando fuxir.

Nos ciclos bos é fácil atopar "xente amiga". Nos malos é cando @s que verdadeiramente lle importas, están aí, ó teu lado: sufren contigo, saben escoitar e danche folgos. Eses son @s AMIG@S. Neses intres dorosos, duros e bilariados cribas os que eran "persoas amigas" e os que eran amigos de verdade. Os últimos son para toda a vida. Non entenden de ciclos. A "xente amiga", so o é namentres sopre vento a favor e se navegue a toda vela, duran o que dure ese ciclo pero vanse cando o barco encallou e divisan terra firme.

A vida está chea de ciclos. Antes ou despois deben rematar. Lei de vida. Como a vida mesma. Ningún tesouro recompensaría á sincera amizade do amigos de verdade. Proba a tentar pórlle prezo. É algo impagable. Hai que saber diferenciar as herbas malas das frores. O demais son contos...

Lembra: A vida está chea de ciclos. Ningún é eterno. Todo principia e todo remata...


Adicado a tódolos AMIG@S dun servidor. Aqueles/as que vale moi moito a pena.



UNHA REFLEXIÓN by Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

xoves, 5 de xuño de 2008

** Eva Hache presenta hoxe o seu último Noche Hache

Sen Eva Hache , Noche Hache non será o mesmo. Hoxe, despídese a terceira tempada do programa do late-night de Cuatro, a cadea de PRISA que emite en aberto. Noche Hache é un dos programas buques insignia desta canle xunto con El Hormiguero e algún outro.

Hai uns días Eva Hache anunciou que o vindeiro ano non continuará en Cuatro. Parece ser que o programa seguirá, con outro nome, pero en horario de serán e pode que sen presentador/a. Con ela despediranse os GUIÑOLES, aqueles que tantos bos momentos nos fixeron pasar cando se emitían en Canal + en aberto a iso das 21:50 horas. Logo foron inxusttamente relegados á medianoite. Craso erro. Se total so duraban poucos minutos, eran moi entretidos e a hora na se emitían era a idónea...Outra grande perda.

Eva Hache é divertida e práctica humor fresco e intelixente (ela foi a precursosa da versión orixinal subtitulada en clave de humor). Imos añorala o vindeiro curso televisivo. Hoxe é o derradeiro programa que presentará en Noche Hache. Unha mágoa. Ougallá te voltemos a ver na t.v. axiña. Para algo bo que poñen...Iso sí, estaría ben que os bos programas os puxeran máis cedo. Así non se poden ver.

Por certo, Noche Hache era un dos poucos programas que quedaban dos inicios de Cuatro en Novembro de 2006. Ese honor recaerá agora EXCLUSIVAMENTE en "Cuarto Milenio". Gran cambio de parrilla (para ben e para mal) desta xoven cadea.



UN ARTIGO-OPINIÓN ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica