mércores, 30 de abril de 2008

** So quedan....horas....¿Que se celebrará mañán?

CUESTIÓN DE HORAS. Concretamente, ás 15 horas de mañán día 1 de maio, revelarei o "misterio". Non será unha gran "revelación" vaia por diante, pero para min terá un gran valor. Ós que xa o sabedes -os que seguides habitualmente o blog coido que xa coñecedes de qué se trata- pídovos que non o reveledes ata mañán. Para os que non sabedes de qué se trata todo isto, pois NON É: nada da festividade do día do traballo que se celebra mañán, se ben garda relación cunha efeméride da mesma data. GRAN PISTA...

Como me gustan os libros e as pelis intrigantes ímoslle dar unha pequena dose de emoción, aínda que a solución é moi moi fácil.
Carpe Diem.

** Queda so 1 día...para celebralo (e non é polo do traballo)


Mañán sairemos de dúbidas...O asunto é unha celebración, unha celebración especial. Non terá unha repercusión mediática, pero este blog non podía ser alleo a ela. Faltaría máis...Un motivo alegre...Un paso máis...A solución: mañán en ALM.

** A Frase Máxica....Stephen Crane: Pensamentos


" O que pode cambiar os seus pensamentos, pode cambiar o seu futuro "



Stephen Crane

martes, 29 de abril de 2008

** Quedan 2 días....(E non é para o xoves festivo)