luns, 14 de abril de 2008

** Humor gráfico á galega da man de Gogue e Laureano



Como xa sabedes encántame Gogue, un dos mellores humoristas gráficos galegos. O seu Laureano é auténtico. E como os luns sempre nos costa empezar a semana, pois aquí vos subo un par de viñetas de Gogue,que nos enviou María. Mira que non me parei de rir con elas....Habemus humor.



VIÑETAS REMITIDAS POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

sábado, 12 de abril de 2008

** Uns bombóns para tódolos visitantes de A Lareira Máxica

Hoxe, 12 de abril, un servidor está de santo (de día santo, quen, por desgracia, parece que non é moi coñecido. E especifico o de día, porque para o mes de Julio estarei de mes santo) e quere celebralo invitándovos a uns bombóns virtuais. Agardo que vos gusten moito. Iso si, non abusar que logo....

A entrada número 700 deste blog, tamén vai dirixida a informar sobre A Lareira Máxica -que o 1 de maio cumprirá 2 anos de vida-. Fixen algúns reaxustes. O contador xeral -de cor azul- pasa ó principio da columna dereita, namentres que o contador das visitas por países que ata agora estaba ó principio da columna esquerda, xúntase cos demais contadores pormenorizados ó final da columna dereita. Asemade desde hai uns días, ó principio do blog iravos saíndo unha frase máxica de xeito aleatorio cada vez que se carga a páxina. Deste xeito, a columna da esquerda resérvase exclusivamente para a hora, o calendario, o santoral, o tempo e enlaces de webs e blogs, namentres que traductores, feeds, música online (reproductor de IMEEN que acumula máis de 500 cancións, así como emisoras de radio online), autoría do blog, e-mail, libro de visitas, pos-its, opción de páxina de inicio de A.L.M., últimos comentarios e top de comentaristas, buscador interno, artigos publicados, fotos, vídeos,xogos, contadores de visitas.

No lado de despedidas, está a do chat de A Lareira Máxica, que nos veu acompañando desde hai bastantes meses, e que non acadou o uso esperado. Non descarto reincoporalo nun futuro. Como sempre, dependerá de vós.

Aproveito para lembrarvos que as vosas suxerencias sobre o diseño e o contido do blog serán benvidas e tidas en conta.

Carpe Diem

venres, 11 de abril de 2008

** HUMOR para unha nova fin de semana !!!

Dous leóns

Dous leóns lograron fuxir dun parque zoolóxico. Corrían xuntos escapando dos seus perseguidores, pero viron que, separándose, había máis posibilidades de que non os collesen. Entón despedíronse como compañeiros de prisión que foran, desexándose boa sorte, e cada un tomou un camiño diferente.

Así, un tirou para o norte, cara as leiras, as fragas e os montes que rodeaban a cidade. O outro tirou para o sur, cara o centro, ateigado de coches, vivendas, oficinas e comercios. Os dous evitaron ós gardas que os perseguían e estiveron uns dous meses fuxidos.

Un día, o león que se escondera na montaña regresa co rabo entre as pernas, sucio, esquelético, pálido, magoado,... e comeza a araña-la porta do zoolóxico para entregarse, triste e sen forzas para loitar. Os gardas préndeno e méteno na súa gaiola. Alí empeza a recuperarse pouco a pouco, pero sempre botando de menos ó seu compañeiro, que fuxira cara a cidade e ó que daba por morto.

Cal non sería a súa sorpresa cando oe un estrondo de bramidos, motores e berros que o fai acordar da sesta. Oito gardas levan encadeado a un león fornido, brioso, con pelo brillante, con músculos espectaculares, con vigor na mirada... ¡capturaran ó seu compañeiro, estaba vivo!

Cando se reuniron na gaiola, alegres de verse xuntos aínda que presos, cada un contou o seu periplo. O primeiro ceibou un salouco e dixo:

—Ai, que triste é a miña historia. Fuxín cara a montaña, non atopei nada para comer, o gando estaba ben gardado nas cortes, a xente tiña armas de fogo, non había animais salvaxes... Pasei moitísima fame e tamén frío, non había covas para durmir, so toxos e pedras... Tiven que renderme e entregarme. Pero... ¿e ti? ¿como é que chegas con tan bo aspecto, tan lustroso, tan forte?.

O segundo suspirou saudoso:

—Eu tívenche moita sorte, corría pola cidade sen rumbo, entre atascos de tráfico, e de pronto encontrei un edificio que poñía "Xunta de Galicia". Escondinme nos garaxes. Cada día ía comendo un funcionario... ¡aquilo era unha bicoca! Ninguén os botaba en falta, non mandaban investigar nin nada... Pensaban que estarían de baixa, facendo recados, que colleran días moscosos... ¡que sei eu! O caso é que eu vivía a corpo de rei. Durmía nun coche oficial que tiñan de sobra... ¡que vida, chico!

—Pero iso... é incrible... ¿e cómo é que te colleron?

—Porque un día cometín un tremendo erro, un erro do máis infantil. Xa comera un director xeral, dous subdirectores, cinco ou seis xefes de servizo, dez ou doce inspectores, sempre sen problemas. De pronto, un día, ocorréuseme comer un auxiliar administrativo... e despois averigüei que ademais de face-lo traballo de todos, tamén botaba as quinielas e preparaba o café e, amigo,... todos empezaron a preguntar por el, a buscalo por todas partes, houbo unha mobilización tremenda, e aí foi como me descubriron e se me acabou o choio.



CHISTE REMITIDO POR: mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica.....Hoxe: Oscar Wilde

"Un amigo de verdad te apuñala por delante"



Óscar Wilde