mércores, 9 de abril de 2008

** A Frase Máxica......Hoxe: William Rogers


"Todo o mundo é ignorante, so que en materias distintas"



ROGERS, William Penn Adair

luns, 7 de abril de 2008

** Música para animar un luns, por riba chuvioso

Moi marchosa a canción "Fiesta" do grupo irlandés The Pogues ¿non?. Lembro que era a que usaba o Xan das Bolas nun programa seu en Radio Arousa (Cadena Ser) nos 80. Ritmo de festa contaxioso. Menos mal, que sendo un luns e chuvioso...

** Concurso Nintendo DS Lite

Remíteme o amigo Eifonso Lagares, editor de Islas Cíes Blog, un meme. Antes de nada, e como de ben nacidos é ser agradecidos: Gracias Eifonso pola invitación e polos teus comentarios en A Lareira Máxica.
E pasemos á materia: O meme consiste nunha invitación para participar nun sorteo dunha Nintendo DS organizado por Helektron. O domingo 27 de abril e a data tope para participar e ó día seguinte siguiente publicarase o gañador.

Para concursar hai que seguir as siguientes normas:

1. Falar deste concurso no teu blog. Deberá de aparecer o enlace sobre este concurso nalgunha parte do post adicado á nova publiciataria.
2. Tés que invitar a outras 5 persoas a participar.
3. Tés que deixar un comentario na páxina de Helektron cun enlace da noticia no teu blog, confirmando que realizaste os dous pasos anteriores e que desexas participar no sorteo. Pincha neste enlacepara deixarlle o teu comentario.

Nesta ocasión, os meus cinco blogs elexidos para continuar este meme publicitario son os seguintes blogs amigos, os cales visito sempre que podo:

A Ponte Vella
Andres Milleiro Blog
Migramundo
Rabudo
Entrenómadas

Agardo que vos guste a invitación e que haxa sorte no sorteo. Se non queredes continuar a meme non pasa nada. Conste que non creo na sorte dos sorteos, valga a redundancia, pero ás veces hai que probar por si acaso.

Carpe Diem

** A Frase Máxica: García Márquez....A Felicidade

" Non hai menciña que cure o que non cura a felicidade "



Gabriel García Márquez