luns, 7 de abril de 2008

** Concurso Nintendo DS Lite

Remíteme o amigo Eifonso Lagares, editor de Islas Cíes Blog, un meme. Antes de nada, e como de ben nacidos é ser agradecidos: Gracias Eifonso pola invitación e polos teus comentarios en A Lareira Máxica.
E pasemos á materia: O meme consiste nunha invitación para participar nun sorteo dunha Nintendo DS organizado por Helektron. O domingo 27 de abril e a data tope para participar e ó día seguinte siguiente publicarase o gañador.

Para concursar hai que seguir as siguientes normas:

1. Falar deste concurso no teu blog. Deberá de aparecer o enlace sobre este concurso nalgunha parte do post adicado á nova publiciataria.
2. Tés que invitar a outras 5 persoas a participar.
3. Tés que deixar un comentario na páxina de Helektron cun enlace da noticia no teu blog, confirmando que realizaste os dous pasos anteriores e que desexas participar no sorteo. Pincha neste enlacepara deixarlle o teu comentario.

Nesta ocasión, os meus cinco blogs elexidos para continuar este meme publicitario son os seguintes blogs amigos, os cales visito sempre que podo:

A Ponte Vella
Andres Milleiro Blog
Migramundo
Rabudo
Entrenómadas

Agardo que vos guste a invitación e que haxa sorte no sorteo. Se non queredes continuar a meme non pasa nada. Conste que non creo na sorte dos sorteos, valga a redundancia, pero ás veces hai que probar por si acaso.

Carpe Diem

** A Frase Máxica: García Márquez....A Felicidade

" Non hai menciña que cure o que non cura a felicidade "



Gabriel García Márquez

domingo, 6 de abril de 2008

** A Praia de A Lanzada, nun miniverán abrileiro

Nestes últimos días, en especial esta fin de semana, o tempo reservounos unhas altas temperaturas -próximas ós 30 grados- máis propias do mes de Julio ou Agosto, que de Abril. As fotos que seguen quiteinas na fermosa e brava Praia de A Lanzada, areal que comparten os concellos de O Grove e Sanxenxo -se ben a bandeira azul é izada polo concello meco-. Multitude de coches inundaba os arredores desta praia. Disfrutade coas fotos. E que quede ben claro que A Lareira Máxica é un blog de Sanxenxo, e non do concello de o Grove.




ARTIGOS E FOTOS DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

sábado, 5 de abril de 2008

** TEMPUS FUGIT

¡Moitas grazas Julio! Efectivamente, hoxe ás 10:30 da maña caeu outro ano máis e xa van uns cantos dende aquel lonxano 5 de abril dos anos setenta. Xa son unha persoa “adulta”, o DNI confirma este dato pero eu resístome canto podo a abandonar a xuventude. O outro día un fulano dun banco co que manteño unha controversia que vai acabar en denuncia en Consumo, para quitarlle validez ós meus argumentos, chamoume “neniña”. Algo así como “neniña non te enteras de nada”, aínda que non se atreveu a rematar a frase. ¡Qué machistas son algúns homes! Pois qué queredes que vos diga, xa me gustaría volver a ser unha neniña bobalicona que se deixa amedrentar por un tiparraco coma ese do BBVA. A mocidade é unha época fantástica. Cando estaba na universidade, co cambio da hora e a chegada do bo tempo chegaban as “tardes do campus”. Consistían, basicamente, en pasear cos amigos polo campus, despois de saír da clase, mentres nos deixábamos acariñar polos últimos raios do sol. Añoro aquela vida despreocupada, a plácida tranquilidade daquelas tardes de sol manso, a paz do estanque de Fonseca, que non recordo se ten nenúfares ou non, pero que na miña memoria compón un recordo tan fermoso coma un cadro de Monet. Onte estiven no campus á procura daquela sensación. Non a atopei. Todo segue igual e todo é diferente. O mesmo lugar, outro tempo, outra muller. ¿Outra muller? Non, non creo. Son a mesma, sigo mirando o mundo cos meus ollos miopes. O reloxo da cociña golpéame co seu monótono e ruidoso tic-tac e a min cústame desconectar. Tic-tac, e pasa un segundo, tic-tac e pasa outro, e logo outro máis. E así, a golpe de segundos faise un minuto que pode converterse nun instante ou nunha eternidade. Depende, o tempo é relativo. O paso do tempo, inevitable.



UN ARTIGO ELABORADO POR: mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica