luns, 7 de abril de 2008

** A Frase Máxica: García Márquez....A Felicidade

" Non hai menciña que cure o que non cura a felicidade "



Gabriel García Márquez

domingo, 6 de abril de 2008

** A Praia de A Lanzada, nun miniverán abrileiro

Nestes últimos días, en especial esta fin de semana, o tempo reservounos unhas altas temperaturas -próximas ós 30 grados- máis propias do mes de Julio ou Agosto, que de Abril. As fotos que seguen quiteinas na fermosa e brava Praia de A Lanzada, areal que comparten os concellos de O Grove e Sanxenxo -se ben a bandeira azul é izada polo concello meco-. Multitude de coches inundaba os arredores desta praia. Disfrutade coas fotos. E que quede ben claro que A Lareira Máxica é un blog de Sanxenxo, e non do concello de o Grove.




ARTIGOS E FOTOS DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

sábado, 5 de abril de 2008

** TEMPUS FUGIT

¡Moitas grazas Julio! Efectivamente, hoxe ás 10:30 da maña caeu outro ano máis e xa van uns cantos dende aquel lonxano 5 de abril dos anos setenta. Xa son unha persoa “adulta”, o DNI confirma este dato pero eu resístome canto podo a abandonar a xuventude. O outro día un fulano dun banco co que manteño unha controversia que vai acabar en denuncia en Consumo, para quitarlle validez ós meus argumentos, chamoume “neniña”. Algo así como “neniña non te enteras de nada”, aínda que non se atreveu a rematar a frase. ¡Qué machistas son algúns homes! Pois qué queredes que vos diga, xa me gustaría volver a ser unha neniña bobalicona que se deixa amedrentar por un tiparraco coma ese do BBVA. A mocidade é unha época fantástica. Cando estaba na universidade, co cambio da hora e a chegada do bo tempo chegaban as “tardes do campus”. Consistían, basicamente, en pasear cos amigos polo campus, despois de saír da clase, mentres nos deixábamos acariñar polos últimos raios do sol. Añoro aquela vida despreocupada, a plácida tranquilidade daquelas tardes de sol manso, a paz do estanque de Fonseca, que non recordo se ten nenúfares ou non, pero que na miña memoria compón un recordo tan fermoso coma un cadro de Monet. Onte estiven no campus á procura daquela sensación. Non a atopei. Todo segue igual e todo é diferente. O mesmo lugar, outro tempo, outra muller. ¿Outra muller? Non, non creo. Son a mesma, sigo mirando o mundo cos meus ollos miopes. O reloxo da cociña golpéame co seu monótono e ruidoso tic-tac e a min cústame desconectar. Tic-tac, e pasa un segundo, tic-tac e pasa outro, e logo outro máis. E así, a golpe de segundos faise un minuto que pode converterse nun instante ou nunha eternidade. Depende, o tempo é relativo. O paso do tempo, inevitable.



UN ARTIGO ELABORADO POR: mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** 5 de abril......Non é calquera día.... ¿Por qué?

5 de abril de 2008. Aparentemente outro día normal. Pero non. Non é tan normal por dous motivos: O primeiro porque estamos no miniverán de abril. Aquí en Sanxenxo o termómetro roza os 30 grados. En realidade, onte tamén pasou o mesmo. Un tempo moi, pero que moi agradable. O segundo motivo, pero máis importante, polo que hoxe non é un día calquera atoparalo

...se premes aquí

    Aproveitando que a primavera xa empezou hai dúas semanas, as flores xa empezan a agromar. Entre elas vin estas. Son de cores tan diversas e tan belas que non me atrevín a coller ningunha. Non. Ese privilexio reserveillo a mariam, a nosa gran colaboradora, que hoxe está de cumpreanos. Ougallá o mundo estivera cheo de persoas coma ti. Un séntese orgullo de ter amigas coma ti. Xa hai moitos anos que nos coñecemos, pero María (si, en realidade, tamén se chama María -como a outra nosa gran colaboradora-, pero para diferencialas ela quedouse co nome de Mariam) é unha desas persoas das que é imposible olvidarse por tropecentos anos que pasen. Conversar con ela é todo un auténtico pracer. As horas pasan sen enterarse ¿a que si Mariam?.

    Moitísimas Felicidades!!!! Que o pases moi ben neste, o teu, día.

    P.D.: Navegando por internet atopei este simpatiquísimo vídeo que agardo che guste.




UN ARTIGO ELABORADO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica