** O recuncho literario..... Rudyard Kipling
| “IF” UN POEMA DE Rudyard Kipling |
UN RECUNCHO LITERARIO ENVIADO POR: Mariam
Gran colaboradora de A Lareira Máxica
SAN XENXO . Julio Torres (Artigo adicado a tódol@s compañeir@s de promoción de Traballo Social) 14 anos quedaron no saco dos olvidos...
| “IF” UN POEMA DE Rudyard Kipling |
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións mariaM , O Recuncho Literario
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
" La filosofía es la que nos distingue de los salvajes y bárbaros; las naciones son tanto más civilizadas y cultas cuanto mejor filosofan sus hombres "
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
Todo o que poida dicir sempre será pouco. Sí, sempre será pouco. Non hai nada nin nadie que desfaga o que unha vez se fixo con maldade. Por desgracia é así. O tempo pasa, pero os recordos permanecen aí. Sí, permanecen e a súa evocación trae máis tristura e sufrimento. Moito. Máis do que moit@s poidamos imaxinar. Moito, moito máis.
A violencia nunca está xustificada: nin a de xénero, nin a terrorista nin ningunha. A violencia en sí é mala. E a violencia é a mesma aquí en España ou en calquera parte do mundo. Quero dicir,tan mala é aquí como alí. A violencia é maldade, sexa cal sexa. Para min é algo impropio dun ser humano e máis no século XXI. A guerra é outro exemplo.
Hai un dito xornalístico que di que para que unha morte ou un suceso violento ten máis repercursión canto máis preto sexa e que canto máis lonxe sexa, maior número de víctimas se precisan para que, a ollos, dos que estamos lonxe adquira a mesma importancia. Parece unha parvada, pero é certo.
Podería seguir divagando sobre a violencia pero non quero alongarme. So quería lembrar que hoxe cúmprense catro anos da mior barbarie terrorista cometida en España. A do atentado do 11-M nos trens de Madrid. Podía ternos pasado a calquera de nós. Iso fai reflexionar da pouca cousa que é un ser humano. Hoxe podes estar vivo e mañán, ou pasado, podes estar durmindo baixo terra. Si, e duro, pero é a cruda realidade.
O que practica violencia ou terror, e alguén violento ou terrorista. Non lle deamos máis voltas. E nada xustifica os seus actos. Da igual o motivo que esgrima. Nada o xustifica. O terrorista para min non é un ser humano. É un animal cobarde no que a razón non fixo acto de presencia e móvese por instintitos. Por instintos asesinos. Como os animais, con perdón para os animais que seguro que son máis persoas que algúns que din ser humanos. O mundo ó revés.
A tódolos familiares das víctimas do atentado do 11-M so quería solidarizarme con elas e darlle folgos a ánimos para continuar adiante e para lembrarlles que en calquera atentado estamos con eles. E fágase extensible, por suposto, este post para lembrar as víctimas de atentados de vilencia doméstica e o de outros animais terroristas que poboan o noso país, por desgracia.
Hoxe, hai catro anos, lémbrome de escoitar primeiro a radio e logo ver a televisión. Non o poderei olvidar. Un tras un ían caíndo cadáveres e mortos. Un sinsentido que cobraba forza. Un día moi triste aquel, pero todo o que poida dicir aquí sempre será pouco....
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , opinión , sociedade