mércores, 5 de marzo de 2008

** Gasolineiras máis baratas: unha páxina web

Como acostuma a dicir o Julio:todo o que sobe non baixa, polo menos en canto aos prezos. O dos combustibles son unhos dos que máis se notan. Onte paguei o litro de gasoil 6 euros (10 pesetas) máis caro que hai so 3 semanas. Non hai muitas diferencias de prezos entre as gasolineiras, nembargantes existen. Máis ben e, sobor de todo, hai lugares máis baratos. Logo están os surtidores dos centros comerciais no que se aforra máis do que coidamos. Pra coñecer canto custan os carburantes en tódalas estacións de servicio de toda España existe esta páxina web do Ministerio de industria, Turismo e Comercio. Nela podedes comprobar os prezos dos diferentes carburantes en toda España e tamén ordenar, dentro da vosa provincia, as gasolineiras segundo os prezos que marcan. De muita utilidade. Tede-lo enlace na sección "Viaxando" na columna dos enalces, á esquerda do blog.

** A Frase Máxica de....Voltaire....sobre a razón

" Algúns están destinados a razoar erroneamente; outros a non razoar en absoluto, e outros a perseguir ós que razoan "



VOLTAIRE, François-Marie Arouet

martes, 4 de marzo de 2008

** Facer música de xeito económico pero moi eficaz

Este vídeo olleino no blog do amigo Toupeiro e non me puiden resistir a poñelo. Un home fai música con copas de auga. Música ceslestial. Aconséllovos que o miredes. Primeiro tomade asiento. So dura dous minutos pero é unha obra de arte. Cando rematedes de velo so vos poido que contestedes a esta pregunta ¿Que vos pareceu? A min sinxelamente: ENCÁNTAME.

[Vídeo visto no recomendado blog ToupeiraToupeiro]


** A Frase Máxica.....do xenial Woody Allen

" O mago fixoo un xesto e desapareceu a fame, fixo outro xesto e desapareceu a inxustiza, fixo outro xesto e acabouse a guerra. O político fixo un xesto e desapareceu o mago "



Woody Allen