martes, 4 de marzo de 2008
luns, 3 de marzo de 2008
** Con H de Humor e con R de Risa: Maneiras de contar
Un empresario andaba á procura dun traballador que soubese contar. Puxo un anuncio e presentáronse tres candidatos. Pasou o primeiro.
—A ver, ¿sabe vostede contar ata dez?
—Sei. 1, 3, 5, 7, 9, 2, 4, 6, 8, 10.
—¡Que xeito máis estraño de contar!
—É que eu antes traballaba de carteiro.
E pasou o segundo candidato.
—A ver, ¿sabe vostede contar ata dez?
—Sei. 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1.
—¡Que xeito máis estraño de contar!
—É que eu antes traballaba para a NASA.
E pasou o terceiro candidato.
—A ver, ¿sabe vostede contar ata dez?
—Sei. 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7..., sota, cabalo e rei.
—Isto xa me supera. ¿Podo saber en que traballaba vostede?
—Verá, é que eu antes traballaba na Xunta.
CHISTE ENVIADOR POR: Mariam
Gran colaboradora de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións mariaM , Humor e Noticias Curiosas
** A Frase Máxica de....García Márquez....Dicir "No"
" O máis importante que aprendín a facer despois dos cuarenta anos foi a dicir non cando é non "
GARCÍA MÁRQUEZ, Gabriel
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
domingo, 2 de marzo de 2008
** "La que se avecina" regresará con 3 baixas importantes
"La que se avecina", a secuela-remake de "Aquí no hay quien viva" regresa a Telecinco esta primavera a Telecinco e faino con tres baixas moi importantes. Trátase de tres actrices que xa interviñan na serie matriz "Aquí no hay quien viva". Trátase de Enma Penella (moi coñecida polo papel de Concha na serie matriz), Malena Alterio (a outrora Belén, moza de Emilio na serie antiga), e Isabel Ordaz (a "Hierbas" en "Aquí no hay quien viva"). Enma Penella morreu o pasado agosto por enfermidade e Malena e Isabel deixan "La que se avecina" para emprender outros proxectos profesionais.
Estas baixas serán suplidas por outras tres altas -cual símil futbolíticos-: Mónica Pérez e Cristina Medina -que interpretará a dúas solteiras aloucadas en temas amorosos- e por Manuel Andrés, que xa actuou nos últimos capítulos da tempada anterior, trala enfermidade de Enma Penella.
Coido que con estes cambios, "La que se avecina" está selando o seu certificado de defunción. Na primeira tempada tivo uns niveis de audiencia moi discretos e moi alonxados de "Aquí no hay quien viva". Se, para min, as marchas de varios personaxes que interviñan naquela como Luis Merlos ou Fernando Tejero xa feriron de morte á nova serie, as baixas de Enma Penella, Maleia Alterio e Isabel Ordaz, acaban por quitarlle atractivo. E xa non falo doutras baixas que houbera antes de acabar "Aquí no hay quien viva" en Antena 3. Pouco a pouco foise perdendo un elenco de actores moi bos e que calaron fondo.
Para máis información da nova tempada de "La que se avecina" click aquí
UN ARTIGO FEITO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Medios de Comunicación , opinión




