sábado, 23 de febreiro de 2008

** Pikifx un editor de imaxes on line

Se queres un editor de imaxes diferente ó que usas, ou por curiosidade decides probar outros, unha alternativa é:
Pikifx. Non é preciso instalar ningún programa no teu Pc. Só tés que subir as fotos e imaxes que queres retocar e pórse mans á obra para moldealas ó teu gosto. Así de sinxelo.



venres, 22 de febreiro de 2008

** Series e sagas de películas que regresan do asilo

Está de moda retomar sagas de películas ou series do pasado. Exemplos recentes: Rambo 4 ou a última de Indiana Jones, en ambos casos con pensionistas como protagonistas.

Ás veces, é mellor que pelis ou series deixen bo sabor de boca que dar pena e velas arrastrándose. Stallone ou Harrison Ford olvidan que o elixir da eterna xuventude non existe, e provistos dos máis elementos artificiais ou operación regresan como se de zombies se tratasen. ¿Non se equivocarían? ¿Pensaron que ían rodar unha de terror?

Á penúltima -a última nunca chegará- protagonízaa a serie "El coche fantástico" que triunfara nos míticos 80. Co verdadeiro Kit xubilado (coche e voz a un tempo),
a serie regresa. Dubido moito que triunfe. Neste caso coido que segundas partes nunca foron boas. Bueno, en si, sería a terceira. Hai que lembrar que a finais dos 90 fixeran unha película titulada "Knight Rider 2000" que pasou con máis pena que gloria.



En todos estes casos, non sei se volven porque os guionisas americanos continúan agora cunha folga de ideas ou porque as arcas das súas estrelas están cheas de telarañas. Quizás un pouco de todo. ¿Que opinades vós destes regresos: mellor que non volveran ou acertan coas novas sagas?




UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Maurice Maeterlinck

" A dor é o alimento esencial do amor; calquera amor que non se nutrira dun pouco de dor puro, morre "



Maurice Maeterlinck

xoves, 21 de febreiro de 2008

** Descobren un material que se repara a sí mesmo

O pegamento pode que teña os anos contados para certas cousas. Leo hoxe que acaban de inventar un material que é capaz de reparase a sí mesmo en caso de ser cortado en dous. O material é un caucho especial. O descobrimento podería ter múltiples aplicación e din que serviría para contaminar menos.....Para máis información lede este artigoque aparece na revista NatureNews. ¿Que vos parece?


NOTA: O artigo orixinal estaba en inglés. Foi traducido ó castelán por Google e xa se sabe que estes trebellos da linguaxe non son nada perfectos.