venres, 11 de xaneiro de 2008

**O chat de ALM: Ós VENRES a partir das 20 horas

Desde este venres 11 de xaneiro teremos sesión de chat interactiva. Como sempre pediades un día para quedar tod@s, pois será tódolos venres a partir das 20 horas e ata a hora que queirades. Non pecha. Se hai xente que lle ben mal esa hora, que nolo diga nun comentario ou nun mail. Pódese cambiar. O que pretendemos o Julio e máis eu e que poidamos comunicarnos máis fluidamente e rápido. Sobre todo os colaboradores, debutantes e simpatizantes de A Lareira Máxica. Estes días o Julio non estará connosco, pero espero que volte pronto (Sen el creo que falta algo no blog: o pai da criatura). Deixoume algunha cousa del para publicar que xa subirei.

Patri

** Simpremente......the BOSS. Para elevar ánimos.

Como se soe dicir "ó mal tempo boa cara". Un día o Julio, o noso coordinador, (o "boss" como di María) contoume que ten un amigo que lle dixo que adoitaba poñer esta canción para levantarse polas mañáns cargado de enerxía. "Hungry heart" (Corazón hambriento"), de Bruce Springsteen. Sin dúbida boa elección a do amigo do Julio. Tomei nota e xa a teño posto de mañanciña ó erguerme, aínda que me berre Jaime, o meu home. Síntoo meu amor pero a min tamén me pon as pilas esta cancionciña deste gran cantante.
E como Bruce Springsteen é o "BOSS" en maiúsculas, e hoxe o tempo é tristón pois adicada a todas e todos para poñar boa cara e animarse.

xoves, 10 de xaneiro de 2008

** A Máquina do tempo......Pumuki

Pumuki, un trasno total que entretía os domingos pola tarde ós nenos e menos nenos. Traveso e rebelde, pelo laranxa, pero non era parente de naranjito, e un aspecto desaliñado e informal. Aínda me lembro ¿e ti?.



**Nace a wikilengua, web de axuda sobre o español

Unha nova páxina web, titulada
Wikilengua del español agroma na internet. Bemvida!. Os seus creadores defínena como "Un sitio abierto y participativo sobre las dudas prácticas del castellano y un medio para reflejar la diversidad de una lengua hablada por cientos de millones de personas".
Segue un estilo moi similar á wikipedia. ALM terá un enlace desde o apartado de links ou enlaces dentro da temática sobre educación.



UN ARTIGO DE: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica