venres, 7 de decembro de 2007
xoves, 6 de decembro de 2007
** A Lenda de San Nikolaus en Suiza
Hoxe en Suiza é o dia de Samichlaus. Non e dia festivo e dia laboral e encontramos a Samichlaus cos seus “Schmutzli” (os acompañantes de San Nicolás de pel e roupa oscura) por todos os rincóns. Ós paseantes regálanlle mandarinas , chocolates e cacahuetes... Polo menos endúlzanos un pouco este dia. Os nenos poñen os calcetíns na chimenea, e Samichlaus regálalle unha bolsa de saco rechea de noces, chocolates, uns dóces especiais, etc. Hoxendía son poucos os pais que lle regalan xoguetes ós seu fillos, porque ese dia é o dia 25 de decembro. Poñen a árbore de nadal e debaixo os regalos cos xoguetes,. Como nas películas...
Xa me imaxino que para vos é estraño que San Nicolaus se percepite tanto en Suiza, hoxe non e so o día da Constitución en España senón tamen o día de San Nicolas de Bari.
Sempre me fixen un montón de preguntas se Santa Claus, San Nicolaus, Papá Noel, etc, eran a mesma persoa, pois si é a mesma. So depende do país e asi vai cambiando tamén de nome. En España ven o dia 25 de decembro e chámase Papa Noel e quere de dicir papá natal, xa que Noël ven de Francia e significase navidad.
E aquí vos relato a lenda de Nikolaus en Suiza, xa que é enrriquecedor saber tamén as historias dos outos países.
Lenda de Nikolaus en Suiza
- Fai moito tempo no sur de Turquía vivía un home bo e vello, chamado Nikolaus, bispo de Myra. No seu burro calvagaba polo medio da cidade e regaláballe ós nenos laranxas e xoguetes. El preocupabase dos enfermos, axudáballe ós pobres e recollía ós abandonados. Por iso axiña lle chamaron Sankt Nikolaus. A descripcion e historias dos outros paises dábannlle moita alegria. Especialmente, impresionaballe a Nikolaus o relato sobre unha viaxe a un país de nome Suiza.
Al el contábanlle sobre nenos mofletudos e felices, de montañas moi altas e puntiagudas e de moitos lagos pequenos. Nikolaus quería a toda costa ver dunha vez ese país, e así viaxa el cos seus mozos de pel escura e co seu burro colmado de laranxas, mandarinas, Lebkuchen, noces e xoguetes cara ó norte. O camiño era moi lonxe e empinado, pero por primeira vez na súa vida, Nikolaus atravesaba aquelas montañas tan altas. O 6 de decembro chegaba, por fin, a Suiza.
A xente viña de lonxe e de preto para admirar ó seu burro e ós seu traxes bordados. E bautizárono como “Samichlaus” e a ós mozos como “Schmutzli”. Os nenos reunianse ó redor del, os bos recibían de Nikolaus regalos, e os malos apalpaban a varilla dos “Schmutzli”.
Bailouse, cantouse e festexouse e para todos era evidente que esa visita e ese dia era moi especial. Esa noite Nikolaus camiñou por todalas rúas e encheulle os calcetíns de xoguetes a tódolos nenos.
Para os pobres tróuxolle moedas de ouro. Pero nunha cabana pequena el non sabía onde deixar as noedas. A cabana non tiña ventás e a porta estaba pechada a cal e canto. Os Schmutzli propuxeron votarlle a moeda de ouro pola chimenea. A moeda caeu nos calcetíns do neno, que estaban a secar a calor do lume da chimenea. As persoas pobres creron que fora un regalo de Deus, pero un veciño contoulle sobre Nikolaus. Puxéronse en marcha para buscar a Nikolaus e ós seus mozos, pero faltaba un burro do corral.
Desde aquel tempo Sank Nikolaus ou Samichlaus, como se chama en Suiza, sempre voltou tódolos anos a traerlle ós nenos regalos a noite do 6 de decembro e visitas ás súas familias, igual da que sexan ricos ou pobres.
Disto hai moitos anos. Namentras, Samichlaus, ou Sankt Nikolaus, visita moitos países e sigue regalando ilusións polo mundo adiante.
ARTIGO REMITIDO POR: Raquel
Debutante de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , colaboracións RAQUEL , Relatos e composicións feitas para A.L.M. , sociedade
** Un vídeo moi divertido......
Se queredes rir cun anuncio simpatiquísimo idea a esta dirección:
http://dailymotion.alice.it/swf/5Rh4DpJKWpaVOkzzh
¿A que é divertido?
Posted by Patricia Loureiro 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Humor e Noticias Curiosas , vídeos e xogos
** A Frase Máxica de....Paulo Coelho ¿que opinas?
Posted by Patricia Loureiro 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas




