martes, 4 de decembro de 2007

** A NOSA TERRA pasa a ser diario en internet


H oxe, día 4 de decembro, o semanario A Nosa Terra pasa a publicarse en internet en formato de diario dixital baixo a dirección do xornalista Manuel Veiga. Amplíase, por tanto, a periodicidade, equipárandoa ó resto dos xornais dixitais. Tamén se vai pór en marcha unha radio en A Nosa Terra por internet. Amais anúnciase cambioa no formato papel, o cal seguirá tendo unha publicación semanal.

A Nosa Terra aborda estes ambiciosos cambios coa creación dunha sede estable en Santiago que albergará a un nutrido equipo de xornalistas, deixando de ser mera corresponsalía, como ata o de agora. Como xornalista, sempre me alegra moito coñecer que hai máis xornais e/ou formatos. Neste caso, o feito de que se abra unha nova sede, se amplíe o personal e se aposte por unha publicación diario en troques dunha semanal é unha boa noticia para o mundo do xornalismo. Outro aspecto moi importante é o do idioma: A Nosa Terra está escrito integramente en galego. E non abundan os xornais escritos so en galego...

DESDE AQUÍ OS MEUS PARABÉNS A TODALAS PERSOAS QUE FARÁN POSIBLE ESTE NOVO PROXECTO. E MOITA, MOITA SORTE!! Agora so me queda a curiosidade de saber cómo vai ser o proxecto da radio, un medio que me encanta e co disfruto da súa compaña.

Por suposto, e como non podía ser menos, o novo diario dixital terá un enlace desde A Lareira Máxica. Concretamente no apartado xornais so dixitais xeralistas (xa que a edición diaria so se publicará en internet)




ACTUALIZACIÓN: Hoxe tamén se inaugura GALICIAE, un diario dixital pertencente ó Grupo Progreso e que ven a complementar a edición electrónica dos seus diarios: Diario de Pontevedra, El Progreso de Lugo e o gratuito De luns a venres. Terá versión castelán e versión galega. Noraboa tamén por estoutra iniciativa.

** A Frase Máxica de...Benjamin Franklin: ¿que opinas?

"Quen ten paciencia, obterá o que desexa"



Benjamin Franklin

luns, 3 de decembro de 2007

** As primeiras felicitacións navideñas en ALM

A nosa amiga María envíanos dúas postais de nadal moi simpáticas. Unha en formato power point e outra, á de dereita, moi artesán pero moi traballada e fermosa: UNHA ÁRBORE CON TEXTO (para vela ben e poder lela recomendo facer un click na imaxe). Hoxendía os sms están gañando terreó ás tradicionais postais de Nadal. Internet e as aplicación de power point fan que as postais non desaparezan de todo. Iso sí, non son en formato papel. A María gracias por acordarse dos lareireiros e darnos os seus mellores desexos para o vindeiro ano 2008.

Aproveito o tema dos sms para invitarvos a que nos envíedes ó mail de alareiramaxica@gmail.com sms orixinais e divertidos. Se antes do 20 de Nadal a xente se anima a enviar os seus, serán publicados o día de Navidad. VAMOS QUE SEGURO QUE SABEDES MÁIS DUN. Pero non valen so os de unha persoa, participade tod@s aínda que so sexa cun sms orixinal.






POSTAIS NAVIDEÑAS ENVIADAS POR: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** 30.000 gracias ós que visitan ALM

Hoxe ó entrar neste blog o contador xusto marcaba 30.000 visitas. 30.000 GRACIAS POR VISITAR O BLOG. Hai un ano este blog estaba bastante preto das 10.000 visitas. A cifra acadouse en pleno Nadal. Hoxe, algo menos dun ano, ten o triple, 30.000 (desde o 30 de maio de 2006,data na que se puxo o contador principal, aínda que o blog empezou a funcionar so unhas semanas antes, concretamente un 1 de maio). E 30.000 visitas a pesar do parón do blog rexistrado durante os meses de agosto e setembro de 2007,datas nas que non se actualizou.

O éxito de A Lareira Máxica débese a vós, ós que estades aí e colaborades ou simplemente visitades a páxina. A TOD@S GRACIAS. Oxalá que esta páxina dure moitos anos e que cada día máis xente se anime a colaborar nela. Sempre digo o mesmo: unhas cantas palabras valen para colaborar en forma de comentario. Ou dun artigo pequeno (de calquera tema menos de política, porque para iso hai outros blogs que se adican ou tocan este tema e que, por certo, o fan moi ben).

OBSERVACIÓN: Como sempre, para ver a imaxe máis grande, so tedes que premer sobre ela.