luns, 26 de novembro de 2007
domingo, 25 de novembro de 2007
** "Perfecta" un clip musical divertido e desenfadado
Onte vimos o clip musical desta canción do grupo MIRANDA! e gustounos muito muito. Xa que o meu home Xaime e máis eu somos dous paiasos pois adicámonos á facer a coreografía na casa. Que ben o pasamos mimadriña!. E que escándalo tivemos que montar!. Os veciños do piso do lado non sei se nos ouvirían pero as risas eran enormes. E como sabemos que ó Julio lle gusta rirse e como nos machaca con aquilo dos 5 minutiños de risa diaria para facer exercicio pois que mellor que este tema musical.
VIDEO ENVIADO POR: Patri
Administradora axudante de A Lareira Máxica
Posted by Patricia Loureiro 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións Patricia Loureiro , música , vídeos e xogos
sábado, 24 de novembro de 2007
** PICASION, unha boa forma de xuntar imaxes
O outro día lendo o blog de Eifonso Lagares, Islas Cíes, atopeime cun artigo que lle adicaba a unha aplicación denominada PICASION que nos permite facer un pase dinámico de ata 10 fotos ou imaxes. É gratuito e non é preciso rexistrarse nin instalo. So hai que subir as imaxes a este programa e logo poñer o código que nos da no noso blog. Aleatoriamente collín 10 imaxes. Hai para tódolos gustos. Son as primeiras que se me viñeron a mente. Non hai concordancia. Desde aquí tamén aproveito para feliciar a Eifonso polo fenomenal blog que fai a diario (Algunha praia seguro que lle sona e lle gusta ó noso amigo Eifonso...).
Lémbrovos que tedes un enlaces del na EIRA DOS BLOGS, situada ó final da columna lateral esquerda de A Lareira Máxica. Por certo, se queredes xogar co PICASION e subir as vosas propias imaxes e enviarnolas, gustaríanos moitos.
Carpe Diem
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS fotos , Internet e novas tecnoloxías
venres, 23 de novembro de 2007
** Merche, unha voz chea de sentimentos e reivindicacións
Encántame Merche e cómo canta esta gaditana. E ese acento andaluz tan bonito. Esta canción creo que é do ano 2002. Foi a primeira que lle coñecín dun longo repertorio no que denuncia, reivindica ou transmite sentimentos. O seu compromiso social queda patente en moitas dos seus temas. Falar con esta artista debe ser algo bonito e ata divertido. Trasmite boas vibracións. "Le deseo", como diría ela, moita sorte e máis éxitos. Aquí un gran seguidor da Merche.
Por certo, esta canción en concreto tamén me fai lembrar tempos pasados e hoxe, especialmente hoxe, apecíame moito lembrala escoitándoa...
UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS música , opinión , vídeos e xogos



