mércores, 7 de novembro de 2007

** A Frase Máxica de .....Kant ¿e ten razón?

Tan so pola educación pode o home chegar a ser home. O home non é máis que o que a educación fai del”



Enmanuel Kant

luns, 5 de novembro de 2007

** l luns con humor sempre é mellor



...Por certo, falando da familia Real (e isto non foi portada do "Jueves" que eu sepa)... ATENCIÓN;


¿Será o que parece? ¿Ou parece o que non foi? Vós mesm@s....

NOTA: Para ver mellor a imaxe recomendo clickar sobre ela para que se amplíe

venres, 2 de novembro de 2007

** Vivamos como galegos. ¿Nótase tanto?



Aínda que moitos de vós xa o vístedes, pois gústame moito este anuncio e por iso volo envío para compartilo. ¿Que vos parece? Non hai moito visitei un dos blogs que linkea Xulio desde a Eira dos Blogs e aparecía que a última parte do anuncio é unha copia doutro arxentino. Non sei se o vin en Islas Cíes, La Huella Digital ou Migramundo. A verdade é que se parecen. Aínda así gústame moito o anuncio de Vivamos como galegos. ¿Tanto se nos nota o de ser galegos? ¿É algo do que presumimos ou nembargantes avergoñamonos na vida real? ¿Que opinades?



VÍDEO REMITIDO POR: Ana I.
Debutante en A Lareira Máxica

** A Frase Máxica......Opina sobre ela

" O pesimista quéixase do vento, o optimista espera a que cambie, o realista axusta as velas "



William George Ward