** Barcelona 92, a lembranza 15 anos despois.....

E ntre apagóns, Barcelona celebrou onte no Estadio Olímpico de Montjuic o 15º aniversario das Olimpiadas de Barcelona 92. Parece mentira, pasaron 15 anos desde os xogos olímpicos celebrados nesta cidade española. Aínda lembro como se fora os lolailos do grupo multiculor (polos traxes) de Los Manolos, aquel bicho raro chamado "COBI" ¿que animal esperpéntico sería?.....
Cantas medallas, cantos lembranzas. Hai dous anos estiven en Montjuic, e visitei tódalas instalacións.....De cerca todo parece máis pequeno. Por exemplo o estadio olímpico, so seu pebetero e sere reloxio e todo o campo..... Calquera diría que alí houbera tanta xente. E lémbrome da ceremonía de presentación, naquel xulio de 1992. E lembro a de despedid en agosto dese mesmo ano, coprotagonizada polos lolailos....E o gran espectáculo de Els Comediants...
E como non, lembro cando Antonio Rebollo encendeu o pebetero...Bueno, el non fora, porque a frecha caera por detrás do estadio. Onte, na intimiade, con menos xente, voltou a encendela. 15 anos máis vello e acompañado dun deportista nado tal dia como onte. Paradoxas da vida. E estes días a chama outrora olímpoica estará encendida a determinadas horas para lembrar esta efeméride.....
¿ E ti que lembras ou que facías naqueles meses de Julio e Agosto de 1992, cando España era o ómbligo do mundo deportivo ?
ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica




