luns, 23 de xullo de 2007

** Deteñen en Portugal a "El Solitario"

A boa nova deste día para min foi a captura de "El solitario", o ladrón de bancos que se movía por toda España e que incluso matou a varias persoas. Atracaba sempre á última hora antes de pechar os bancos e caixas de aforros. Empregaba disfraz. Conseguírano grabar moitas veces pero non o daban recoñecido. Hoxe detivérono en Portugal cando se dispoñía a atracar un banco na localidae de Figueira de Foz. O suxeito en cuestión é veciño do barrio madrileño de Las Rozas e parece ser que foi unha chamada á Policía quen alertou da súa presencía en Portugal. Logo de varios anos trala súa pista é sen dúbida unha boa nova a súa detención. Noraboa ás persoas que informaron do seu paradoiro e ás policías española e portuguesa!!!
Se queredes máis información sobre esta nova, premede aquí ou neste outro enlace



ARTIGO ELABORADO POR: Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

venres, 20 de xullo de 2007

** Elección da canción do verán 2007 en A.L.M.!!!

C hegou o día D e a hora H, a intriga de A Lareira Máxica resólvese. Ó terceiro día velaquí tedes a solución, de qué vai todo. Imos elixir entre tod@s a canción do verán 2007. Dicir entre tod@s é iso ENTRE TOD@S.

A canción do verán é algo que en moitos lugares se elixe cada ano. En realidade, non son partidario de que so haxa unha canción do verán, porque unha cousa é que unha sexa "a máis escoitada" e outra cousa distinta que sexa a que lle gusta a maioría da xente. Non debemos deixarnos asolagar polo que nos din ou o que nos pretenden impór. Así que, ante todo, quixera sinceridade. Non importa que a canción que vos guste a vós sexa ou non a máis escoitada. O que si me importa e que opine a maior cantidade posible de persoas. Incluso se pode votar a máis de unha. Vai haber 3 fases....

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    1ª Fase: desde hoxe día 20 ata o 30 de xullo de 2007: Nela todos aqueles que queirades e ás veces que queirades podedes propoñer tódalas cancións que consideredes merecen estar nesta lista de mellores cancións do verán 2007. Tódolos estilos musicais teñen cabida na elección. INSISTO: podedes votar máis dunha vez. A maneira será mediante comentarios. Podedes aportar varias en cada comentario cada un de vós. As 10 máis nomeadas pasarán á seguinte ronda. Nesta fase partirán tódalas cancións con 0 votos.

    2ª Fase: do 1 ó 15 de agosto de 2007: Teranse que votar so ás 10 cancións máis propostas na anterior fase. Unha mesma persoa poderá votar as veces que queira polas cancións que máis lle gusten. As 5 maís votadas pasarán á gran final. Nesta fase partirán con 0 votos todas.

    3ª Fase: do 17 ó 31 de agosto de 2007: Nela votarase á canción favorita. So un voto por vez. O 1 de setembro proclamarase a canción vencedora.

    APUNTAMENTOS:

    1- Estas bases poderán modificarse en función da participación das persoas nestas votacións. Corresponde ó coordinador do blog (ou sexa, un servidor) decidir os cambios ou dúbidas que poidan xurdir, se ben tod@s vós podedes aportar ideas ou suxerencias. Se se observa unha baixa participación, as votacións poderán cancelarse e anular esta iniciativa.

    2- Teñen que ser cancións recentes. Non valen cancións doutros veráns, se ben serán aceptadas versións de temas "antigos", sempre e cando haxa algunha novidade claramente apreciable na letra, música ou nas persoas que a interpretan. Valen tódolos estilos de música, sempre e cando a canción sexa moi escoitada neste verán (incluso se xa soaba uns meses antes do verán)

    3- No caso de que o número de cancións elixidas na primeira fase sexan menos que 10, pasarán todas á segunda fase. O mesmo para a gran final: poderán pasar menos de 5 se houbese menos propostas.

    4- Se houbese menos de 5 cancións na primeira fase (agardo que non!!!) pasarán todas á gran final directamente, adiantándose ésta e sendo durante todo o mes de agosto.

    5- Para dotar de maior lexitimidade esta elección, pregaríavos que animásedes a tódolos coñecidos a participar na votacións.

    6- Para votar pódese usar o nome real, un alcume ou de xeito anónimo (algo que detesto, mellor poñer un nome calquera antes que poñer anónimo). Neste punto é PRECISO RECALCAR QUE diversas persoas teñen problemas para facer comentarios en A Lareira Máxica por un motivo: tras facer o comentario, hai que marcar primeiro: outros e poñer o alcume ou nome real (a páxina web pode deixarse en branco se non se ten) ou marcar anóninmo se non se quere optar pola anterior forma. Da problemas e non deixar facer comentarios ás veces por dous problemas: ou ben porque blogger está caído, ou ben porque se pon o nome na casilla primeira que pon BLOGGER (so se pode usar esta opción se é un usuario rexistrado de blogger cun blog) e logo vóltase a esribir o nome na opción "OUTROS". Se non se borra antes na casilla de BLOGGER pois non deixa publicar. De todos xeitos, calquera dúbida, facédema chegar polo mail.

    7- Non haberá premios nin para as cancións ou ou seus cantantes (non temos cartos!!! e somos pobres!!! e eles ric@s!!!). Vamos que isto so é unha forma de pasar o tempo e elixir á canción do verán 2007 entre os lareireiros (simpatiznates de A Lareira Máxica).

    8- Calquera dúbida que poida xurdir, resolverase no mail do blog: alareiramaxica@gmail.com.



    SO VÓS PIDO UNHA COUSA: participade, por favor, creo que non é moito non? GRACIAS DE ANTEMÁN.

    Para quedar máis visible e elección da canción do verán 2007, reservarase o principio do blog para situar esta enquisa, e ser visible nada máis acceder a A Lareira Máxica. Moita sorte a tódalas cancións!!!!!!!



ELECCIÓN DA CANCIÓN DE VERÁN 2007 proposta por Julio
Coordinador de A Lareira Máxica

** E darannos ás 22:00.....¿e que pasará ás 22:00?

So quedan unhas horiñas para chegar ás 22:00 horas. O que vai pasar pode ser moi soado este verán. Se queres coñecer de primeira man de que vai esta "intriga", conecta ó blog ás 10 desta noite e obterás toda a información que precisas para non perderte nada do que aquí pasará...

xoves, 19 de xullo de 2007

** Cuestión de horas para ......

...N on podía faltar no verán. Pero sen ti non vai ser posible. Ti terás moito que decidir. Mañán iniciarase....Ás 22:00 horas saberás de que vai todo isto....AGARDO QUE SEXA UNHA BOA INICIATIVA.