venres, 29 de xuño de 2007

** A Lareira Máxica visitada a nivel mundial!!!!!!


D esde finais de octubre de 2006 as visitas que recibimos en A Lareira Máxica foron dos países que se indican na seguinte foto. Como sempre premede nela para que se vexa máis grande. As visitas de maio a octubre de 2006 descoñezo de que países foron, xa que este contador en forma de mapa coloqueino en octubre.

Impresiona non solo ver visitas de tantos países a un blog como éste, senón ver que hai visitantes fieles de varios países. Entre eles quixera destacar dous lugares: Suiza e Grass Valley (California- EE.UU:). Pero as vistias veñen de máis lugares como ben podedes apreciar. A tod@s moitas gracias polas vosas visitas. E a seguir visitándonos!!!!

Tamén hai outro contador ó principio do blog que amosa as bandeiras dos diferentes países que nos visiten e o número de visitas en línea nese intre e o total acumulado. Este outro contador está posto desde decembro de 2006.

Carpe Diem
Julio

** A Frase Máxica........¿que opinades do que di?

“ En certo sentido, o fracaso é o camiño ó éxito, xa que cada descubrimento do que é falso lévanos a buscar con ansia o que é verdadeiro, e cada nova experiencia sinálanos algunha forma de erro que máis adiante evitaremos con sumo coidado”



John Keats

** Crónica dunha morte impersoal inesperada.....

O meu monitor antigo morreu, finou, dixo basta, ata aqui cheguei, xubílome, paso a "mellor vida", non podo máis,... e esvaeceuse na U.V.I. do servicio técnico de SAMSUG. Digo a marca para que tomedes nota. O modelo en cuestión era un TFT 172V. Tras case catro anos dixome adeus. Si, adeus. Onte comunícabanme do Servicio Técnico que a pantalla tiña un problema eléctrico e era preciso cambiar todo o panel completo. A "broma" ía acompañada dun presuposto de reparación de 521 euros.... E custárama xa hai case catro anos menos de 400. Ante tal panorama desolador non tiven máis remedio que renunciar á súa reparación e a aboar os 12 pola elaboración do presuposto. Hoxe, por sorte, os monitores TFT de 17 pulgadas baixaron moitísimo. Por pouco máis de 100 euros fíxeme con outro doutra marca que agardo dure moitos máis anos que o seu predecesor. E, desde hoxe disfruto deste nova pantalla. E teño que adaptarme porque existen algunhas diferencias (entre elas como é un monitor flexible pois móvese algo ó tropeza na mesa)

Neste tempo de "baixa laboral" aledoume moito seguir recibindo comentarios e artigos vosos. Os comentarios xa os publiquei desde un ciber. Os artigos ireinos subindo nos vindeiros días. Gracias por estar aí, visitar o blog e participar!!

Canto ó reproductor de IMEEN tomei a decisión de suprimir a metade das cancións que había (máis de 320), xa que so duraban 30 segundos. Varias veces ó mes, IMEEM limita as cancións que antes se podían escoitar enteiras a so 30 segundos. So che permite escoitalas enteiras se as mercas. E como que non.... Antes de empezar a facer este post eliminara 135 e agora tiven que eliminar unhas 20-25 máis. Xa so quedan puco máis de 150 que se poidan escoitar enteiras sen problemas. En poucas semanas posiblemente me vexa obrigado a retirar este reproductor de música. Se non atopo algún que me convenza (teño que ver un par deles que me aconsellástedes) pois o blog podería quedarse sen música de fondo. Aínda así podería escoitarse a música on line se clickades nos enlaces das emisoras de radion online (salvo que llo prohíba a SGAE).

martes, 26 de xuño de 2007

** Monitor do PC en reparación

TEÑO O PC EN REPARACIÓN. O MONITOR ESTÁ ESTROPEADO. Menos mal que entrei nun ciber. So puxen os últimos comentarios. Teño varios artigos vosos pendientes de publicar. Espero que para a fin de semana xa me entreguen o monitor. Paciencia. Un saúdo a tod@s.

Julio