Como xa hai tempo que non colgaba ningún viñeta de humor gráfico, hoxe déixovos unha pequena mostra desta gran arte que é ésta. Está simpática a cousa. MORALEXA: Non te deixes enganar, ás veces as cousas non son o que parecen... En vindeiros días irei subindo algún máis. E se queredes que publique algún que vos fixo gracias e que querdes commpartir, xa sabedes que A Lareira Máxica está aberta a propostas.
A viñeta foi remitida por: CALYPSO DEBUTANTE en A Lareira Máxica
Como podedes escoitar, desde hoxe A Lareira Máxica conta con música de fondo. Unha selección de cancións escollidas por un servidor e que podedes ver na sección de "ESCOITAR MÚSICA" dentro da sidebar ou columna lateral. Podedes escoller cal desexades oír namentres navegades polo blog. Asemade, se non desexades escoitar nada, pois so tedes que darlle ó "Pause" ("II")e listo. Doutro lado, notaríades que ós últimos días cada vez que pasades o ratón por riba das letras dos links ou enlaces, o seu tamaño medra. Vamos, que a proba de miopía. Agardo, como sempre, que os cambios que paseniñamente vou ircorporando a esta páxina sexan do voso agrado. E xa sabedes: podedes facerme suxerencia sobre a páxina no libro de visitas (antes do calendario da sidebar) ou no mail de alareiramaxica@gmail.com
Tedes que disculpar porque tardara en actualizar a páxina este sábado, pero e que hoxe recibín un mail que me fixo moita moita ilusión. Cando o abrín non daba crédito ó que os meus ollos estaban vendo. E alá me fun...Caray, sabía que a xente era capaz de moitas cousas pero disto....Bueno, hai xente para todo.... Non me quedou outra que darlle as gracias as persoas que o preparaon todo. Agradécese de todo corazón!!!
Por certo, as cifras de asistentes que se deron cita no evento varían. Depende de se consultamos a Policía Local ou ós propietarios de Blogspot (isto é Blogger ou Google). Non se dan posto dacordo, aínda que uns e outros coincidín en 3 cousas: 1- Foron moitas as persoas que se manifestaron 2- Trasncurriu sen ningún tipo de incidentes 3- Que o lema da "manifa" hai que levalo á práctica. Non se pode estar mudo. Hai que participar, polo menos de vez en cando....
Din que o home é un animal de costumes. Pois si,estou convencido de que é asi. E entre as miñas rutinas diarias está de visitar Rabudo, o blog de Nacho Mirás (na foto da dereita), xornalista de La Voz de Galicia recentemente galardoado nos PREMIOS GALICIA DE COMUNICACIÓN.
Nacho ten un blog deses que se o visitas un día, non che quedan gañas de deixar de darlle os bos días, as boas tardes ou as boas noites ó día seguinte. As historias que conta, e, sobre todo, como as conta, son xeniais. Sabe darlle literatura a unha simple anécdota da vida diaria. E ás veces, as historias -ou máis ben os protagonistas destas historias- traspasan a barreira da lóxica e danse cita co surrealismos máis humorístico que ningúen puido imaxinar. Como a vida mesma. Ás veces a lóxica tolea e colúmpiase do pé das persoas esbozando un breve sorriso intenso.
Lémbrovos que é un dos tres blogs que recomendo visitar nos enlaces a blogs que tedes na parte final de A Lareira Máxica. Co tempo irei pondo algún máis que adoito ler.
Pois ben, onte visitando o blog de Rabudo atópome cunha canción dun tal Edilberto colgada alí e que lla adica a Penélope Cruz e Pedro Almodóvar. É algo bastante friki pero é tan pegadiza que non a dou quitado da cabeza. Así que aquí póñovola para que a escoitedes.
¿Que vos pareceu? Agardo respostas. Probade a escoitala un par de veces. Non me digades que non é pegadiza...
Dosier — Filosofía y mística
-
Durante los últimos años está ocurriendo algo así como una «vuelta secular
a la religión». Una cierta espiritualidad «new age», difusa, que habla de
energí...
Indicios
-
Indicios. Viñeta del 29/06/2026 en CTXT Igual no se ha enterado usted, pero
el juez José Luis Calama imputó a José Luis Rodríguez Zapatero por presunto
trá...
Sucios Poemas De Amor, de Rafael Calero Palma
-
Sucios Poemas De Amor es el último libro del poeta Rafael Calero Palma. Un
libro donde ese misterio llamado “amor” va y viene, abre y cierra puertas,
sale ...
XV Premios La Buena Prensa
-
Se puede presentar cualquier texto en castellano publicado en 2025 en
soporte papel o digital. Los galardones están abiertos a medios de
comunicación de ...
El fracaso del Reino Privativo de Mallorca
-
*¿Qué significa privativo en derecho? *
*Privativo en derecho hace referencia a algo que *
*pertenece o es exclusivo de una sola persona o entidad, lo que si...