luns, 26 de febreiro de 2007

** PARA LEMBRAR.......Videoteca deportiva

Hai partidos de fútbol que vale a pena lembralos unha e outra vez, porque foron deses que fan aficción. E mais cando un equipo que vai gañando 0-3, remata perdendo por 5-4. E prestade atención a nomes ilustres: Ronaldo, Pantic, Stoichkov, Luis Enrique, Pizzi, Kiko..... Aí é nada.
Sinto que sexa un partido do meu equipo, O F.C. Barcelona contra un equipo que me cae moi ben, aínda que ultimamente nos teñan tomada a medida e de que xeito. Falo do "pupas" do fútbol español: O Atlético de Madrid. Dese equipo que ten os aficcionados máis sufridos do mundo. Chapeau para a súa aficción. Porque as cousas como son. A súa aficción merece un 10. E chegou a estar no inferno da segunda división hai so uns aniños.
Aproveito para enviar un saúdo a varios amig@s que son do Atlético de Madrid.

domingo, 25 de febreiro de 2007

** Un vídeo montaxe sobre a vida mesma


Vidas cruzadas
Subido a este blog desde diariodeperiodismo




O vídeo é un traballo elaborado en Valladolid en decembro de 2006. Foi feito polos estudiantes de xornalismo: Marta Salinas, Miguel Rodriguez, Tamara Rivas, Teresa Sánchez.

Non teño o gusto de coñecelos, pero está moi ben feito rapaces. Agardo que non haxa competitividade entre vós, algo moi de moda nesas facultades, por desgracia.

O vídeo é unha homenaxe ós traballadores en xeral que se teñen que levantar tan cedo para conseguir chegar a final de mes, xusto o que a outros privilexiados non lles fai fala porque teñen cartos a esgalla (que lles sobra vamos). Cousas da vida. Tamén vai adicado ós xornalistas que cobran pouco pouco, saben a que hora entre no traballo e moi poucas veces a cal saen (entre eles teño a honra de ter algúns amigos moi bos, deses que o son para sempre). Cousas da vida ou da explotación laboral no século XXI. Unha auténtica vergoña...

Se alguén quere deixar un comentario, éste é o momento.....

** QUE NON NOS TOMEN O PELO!!!!!!!!!!!!


ESTA MENSAXE TEN QUE CIRCULAR E CHEGAR A TODA ESPAÑA ANTES DO DÍA 28 DE FEBREIRO ASÍ QUE REENVIÁDEO A TODOS OS VOSOS CONTACTOS

Como ben sabedes TODAS as compañías telefónicas van subir as súas tarifas e o establecemento de chamada e a coste de chamada por minuto, co obxecto de contrarrestar a obrigatoriedade que se lles impuxo por Ley de tarificar por segundos, algo que era de sentido común e moi necesario. O feito de subir o establecemento de chamada de 12 a 15 céntimos fales -incluso falando un segundo- e o de subir as tarifas supón un fraude cara ós seus usuarios de móviles, xa que é un clara burla a obrigación de facturar por segundos...
En internet está circulando unha convocatoria-protesta: Trátase de que todos nos
unamos e para o 28 de FEBREIRO (día en que empezan esta estafa): DESDE AS 19:00 horas ATA AS 20:00 horas apaguemos todos os móviles ou a maioría deles, xa que esa é unha das horas de máis 'tráfico telefónico'. Cálculase, ademais, que en España hai uns 30 millones de terminais de móviles.
Se, por un casual, conseguimos apagar a metade dos móviles, calculando que o establecemento de llamada vai pasar a custar 15 centimos, máis outros 10 céntimos que de media ten unha chamda dun minuto, podemos ocasionarlles as compañías unhas perdidas de 3 millones 750000 euros, pouca cosa para eles, pero un récord para nós.
Non o olvidedes, DÍA 28 DE FEBREIRO DESDE AS 19:00 horas ÁS 20:00 horas. Se os franceses poideron desconectar 5 minutos as luces, vamos a ser nós menos?????
P.D. Se tedes buzón de voz ou contestador, desconectádeo para ese día
P.D.2 Se tedes móvil de empresa desconectádeo tamén (a pérdida será
aínda maior para as compañías), a excusa para o xefe --->'acabóuseme a batería'
P.D.3 Para que non se vos olvide, apuntádeo na axenda do móvil. É moi simple.

COPIADE O TEXTO E PEGÁDEO, É MELLOR PARA TODOS!!!!
PERO NON SEXAS MERLUZO E CONVOQUES Á GENTE MEDIANTE sms



¿E ti que pensas de que as compañias de teléfono que hai en España (Vodafone, Movistar e Amena) vaian a subir o establecemento das chamadas de 12 a 15 céntimos (de 20 a 25 das antigas pesetas) e o custe das chamadas por minuto, a costa do consumidor, para contrarrestar a obrigación de facturar por segundos (algo que debían ter feito desde sempre e non ter que esperar a unha lei que as obrigase a facelo así)?. ¿Por que en España se cobra non so a duración da chamada, senón tamén o feito de establecer a chamada? ¿E xusto que por unha chamda dun segundo se nos cobren 25 pesetas polo feito de establecer a chamada, á marxe do que custa a chamada facturada por segundos?

POR FAVOR, NON ME DIGADES QUE NON TEDES OPINIÓN NESTE TEMA QUE A TODOS OS QUE TEMOS OU USAMOS MÓVILES NOS PERXUDICA ( A MENOS QUE SEXA UN DIRECTIVO DUNHA COMPAÑÍA DE MÓVILES......)

xoves, 22 de febreiro de 2007

** Seguimos dando para falar. Segunda entrega

Desde hoxe xa tedes outro elemento máis para falar en A Lareira Máxica. ¿O qué? Un libro de visitas. Nel podedes escribir o que queirades sobre a páxina e, a efectos de autoevaluación do blog, tamén se prantexan tres sinxelas preguntas sobre o mesmo. Ubicarase xusto antes do calendario.
O único "pero" deste libro de visitas é que abre unha ventana de publicidade. Basta con pechala e punto.
Aínda falta algo máis da Campaña "Imos dara para falar" ¿Que será? Admítense apostas...e suxerencias.

NOTA: Cambiei o archivo de artigos do blog, que pasa para a parte final, logo do perfil meu e antes do listado de temas abordados. Creo que asi, dótase ó blog dunha maior funcionalidade.


Y en español es... ...Ve-lo Artigo completo....




SEGUIMOS DANDO PARA HABLAR. SEGUNDA ENTREGA

Desde hoy ya tenéis otro elemento más para hablar en A Lareira Máxica. ¿Lo qué? Un libro de visitas. En él podéis escribir lo que queráis sobre la página y, a efectos de autoevaluación del blog, también se plantean tres sencillas preguntas sobre el mismo. Se ubicara justo antes del calendario.
El único "pero" de este libro libro de visitas es que abre una ventana de publicidad. Basta con cerrarla y punto.
Aún falta algo más de la Campaña "Vamos dar para hablar" ¿Que será? Se admiten apuestas...y suxerencias.

NOTA: He cambiado el archivo de artículos del blog, que pasa para la parte final, tras mi perfil y antes del listado de temas abordados. Creo que asi, se dota al blog de una mayor funcionalidad.