** Cando Cupido nos fai a súa visita de febreiro
Como vos dicía onte: son cousas do calendario. Onte foi Martes e 13 e hoxe é Mércores 14 de febreiro --> O día dos namorados. Conste que non me gusta que no ano haxa un día para isto, outro día para iso e outro para aquilo. Tódolos días deben ser os días dos namorados, da paz, dos traballadores, da muller, do pai, da nai, da loita contra o cáncer, da xornada de aforro enerxético e un longo etc.
É unha suma tontería o de querer lembrar en cada efeméride un so acontecemento determinado. Aínda que poida nacer cunha boa intención, o que fai é xustificar o esaxerado consumismo da sociedade na que vivimos. Xa sei que non quita que ese día fagamos especial fincapé no que se celebra, pero o resto dos días tamén son de Dios eh!!!!. Non se trata de qwe pase o día e con el a romería. Que non sexa flor dun día....
Sexa como fose, e como hoxe se celebra o "recordatorio" de amor entre as parellas, podes dicirlle á túa media laranxa que a queres de moi diversas formas:
Cun bico
Con flores
Por teléfono ou por sms
Por internet

Por carta (que xa terías que ter envíado, senón pobre túa...)
Ou doutras maneiras.....Ti elixes a maneira de expresarlle o teu amor
Pero o importante é lembrarlle que @ queres. E insisto, isto non debe ser hoxe so, debe ser tódolos días do ano...Corazón....


En cuestións de bodas.....

