mércores, 14 de febreiro de 2007

** Cando Cupido nos fai a súa visita de febreiro

Como vos dicía onte: son cousas do calendario. Onte foi Martes e 13 e hoxe é Mércores 14 de febreiro --> O día dos namorados. Conste que non me gusta que no ano haxa un día para isto, outro día para iso e outro para aquilo. Tódolos días deben ser os días dos namorados, da paz, dos traballadores, da muller, do pai, da nai, da loita contra o cáncer, da xornada de aforro enerxético e un longo etc.

É unha suma tontería o de querer lembrar en cada efeméride un so acontecemento determinado. Aínda que poida nacer cunha boa intención, o que fai é xustificar o esaxerado consumismo da sociedade na que vivimos. Xa sei que non quita que ese día fagamos especial fincapé no que se celebra, pero o resto dos días tamén son de Dios eh!!!!. Non se trata de qwe pase o día e con el a romería. Que non sexa flor dun día....

Sexa como fose, e como hoxe se celebra o "recordatorio" de amor entre as parellas, podes dicirlle á túa media laranxa que a queres de moi diversas formas:

Cun bico

Con flores

Por teléfono ou por sms



Por internet





Por carta (que xa terías que ter envíado, senón pobre túa...)




Ou doutras maneiras.....Ti elixes a maneira de expresarlle o teu amor

Pero o importante é lembrarlle que @ queres. E insisto, isto non debe ser hoxe so, debe ser tódolos días do ano...Corazón....

** A Frase Máxica.....no día dos Namorados

"A maior declaración de amor é a que non se fai; o home que sente moito, fala pouco"
(Platón)

** Mañán A Lareira Máxica vai dar para......

Imos dar para falar e falar... A PALABRA será vosa en último caso.
Mañán ás 21:55 horas A Lareira Máxica vaivos sorprender...
Eu de vós non mo perdería porque pode ser que non haxa outra oportunidade...

martes, 13 de febreiro de 2007

** ....Nin te cases, nin te embarques.....

En cuestións de bodas.....Sí, así é.... Din que non te cases nin te embarques nun Martes e 13. Gatos negros, escaleiras, espellos rotos,.....¿Es ou non es supersticioso? Se non o eres, pois todo isto darache igual, e se eres que saibas que hoxe é
Martes é 13 ....E o vindeiro mes tamén haberá un Martes e 13. Como se soe dicir "non querías unha taza, pois toma dúas". Caprichos do calendario deste ano.