martes, 30 de xaneiro de 2007
luns, 29 de xaneiro de 2007
** A Lareira Máxica -- Sección Deportiva: Fútbol

Rematou unha nova fin de semana deportiva. Na 1ª división de fútbol os marcadores foron:
- At. Madrid 1- R. Santander 1
- Villarreal 1- Real Madrid 0
- R. Sociedad 0- Ath. Bilbao 2
- Zaragoza 1- Deportivo 1
- Gimnastic 4- Espanyol 0
- Getafe 2- Osasuna 0
- Mallorca 2- Recreativo 1
- Levante 2- Sevilla 4
- Barcelona 3- Celta 1
- Betis 2- Valencia 1
Resaltar a victoria do F.C. Barcelona sobre o Celta de Vigo por 3 a 1 (victoria agridóce para un que é azulgrana pero tamén celtista), unha nova derrota do R.Madrid esta vez anta o Villarreal e a sorpresiva victoria do colista Gimanastic de Tarragona sobre o Español. Namentres, o Deportivo de A Coruña empatou na súa saída a Zaragoza.
A clasificación segue encabezada polo Barça que suma 42 puntos, seguido do Sevilla (41), R. Madrid (38), Valencia (36), Atl.Madrid (36) e Zaragoza (32). As prazas de descenso ocúpanas: Levante (19 puntos), R.Sociedade (13) e Nástic de Tarragona (12).
O Deportivo vai de 14(23 puntos) e o Celta de 17 (21 puntos), ambos moi preto das prazas de descenso...Esperemos que ambos remonten posicións na táboa clasificatoria.
Doutra parte, aproveito para informarvos de que a páxina web de El País ofrece desde esta fin de semana os vídeos dos encontros de cada xornada.
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , deportes
** A Frase Máxica de......B.Franklin ¿Será certa?
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas
domingo, 28 de xaneiro de 2007
** E nesta vindeira semana leredes en ALM...
Na semana que mañá empeza A Lareira Máxica (ALM) espera ofrecervos, entre outros temas:
--> O terceiro capítulo do relato "Sonos bonitos e inconfesables" (a súa última entrega foi o 4 de decembro de 2006) escrito por Pilar
--> O segundo "Que contento estou cando...!! da man de María.
--> Unha crítica dun servidor sobre unha obra de teatro
--> A opinión feita por min sobre a película de Mel Gibson "Apocalipto"
--> Lembraremos algo ou a alguén do pasado (en forma de vídeo ou artigo con fotos)
--> Algún artigo sobre a actualidade
--> Máis frases máxicas
--> E outras cousas... se o tempo mo permite...
Por suposto, admítense artigos, comentarios e propostas para A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica



