mércores, 24 de xaneiro de 2007
martes, 23 de xaneiro de 2007
** Un grave accidente con final tráxico en Combarro
O que vos escribe aínda ten os pelos de punta. ¿Por que? Pois porque hoxe houbo un accidente cerca en Chancelas, na parroquia de Combarro (Concello de Poio) na estrada PO-308 que é a que utilizo cada día para ir a traballar.
Cando se produciu o accidente eu no estaba na carretera senón traballando. Non me colleu, por fortuna, pero puido te-lo feito. Non a esa hora, pero si a outra. O accidente foi entre un camión que envorcou (dou a volta) e aplastou un coche no que ían unha nai con dous rapaces de curta idade e a avoa destes, e que circulaba corretamnete, según informan os medios de comunicaicón. O suceso cobrouse a vida da nai e dunha filla de 6 anos. Pero mellor que contárvolo eu, mellor que leades a información e vexades as fotos.....So dicir que tardaron en darse de conta que debaixo do camión habí un coche totalmente aplastado....So oír isto último xa arrepía......Ufff!!!!
So dicir que o coche aplastado ben puido ser o meu. Porque é unha estrada pola que paso cada día por motivos laborais. So pido precaución ó volante, aínda según daba conta un dos informativos das 9, debeuse a que o camión emborcou por culpa de que tiña mal repartida a carga ou algo así.......
Unha familia totalmente destrozada por unha moi grave neglixencia, descoido ou chamádelle o que queirades....
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , opinión , sociedade
** Y sin embargo, te quiero......
Malia que se poida pensar que vou falar de amor, nada máis lonxe. Non. Desta vez non toca. O título desta frase subordinada, evoca o nome dun desaparecido programa que se emitiu mediados os anos 80 e que era copresentado por tres persoas: Pastora Vega, Guillermo Summers e Ignacios. Estes dous últimos son un monstruos do humor -dos cales falareir algún día en A Lareira Máxica, que aderezaban por entón un programa adicado a repasar a programación de TVE, única televisón nacional por aquel entonces.
No vídeo que ides ver a continuación, poderedes lembrar ou ver por primeira vez, a entrada ou careta do programa e a súa pegadiza sintonía en plan animado. A continuación veredes a Mayra Gómez Kemp, colaborando nun programa no ano 1984.
Agardo que vos guste. A min s sintonía e o humor do dúo Summers & Salas era o que me encantaba do programa....
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Lembranzas. A Máquina do tempo , Medios de Comunicación , vídeos e xogos
** A Frase Máxica de.. M. Sarmiento ¿Gústache?
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas


