mércores, 10 de xaneiro de 2007

** Problemas coa páxina

problemas para publicar artigos novos. Cos artigos novos son incompatibles a sidebar ou columna do blog coa introducción do artigo e vese enteiro. (non funciona o ve-lo artigo completo). Debo elixir. ...tentando dar cos códigos da plantilla que orixinar o problema.......namentres visita o blog de probas, (http://blogdexulio.blogspot.com/)no que podes atopar unha copia deste, agás os artigos que si os podes ver nesta.
De persistir o problema vereime na obriga de trasladar un por un os artigos ó blog de probas....Xa vos irei informando ó respecto.

luns, 8 de xaneiro de 2007

** As Frases Máxicas....¿que pensades do que din?


::> " Amar a distancia é unha gran proba de amor " (Alejandro Sanz)
::> " Moitas veces o que se cala fai más impresión que o que se di" (Píndaro)
::> "Cando unha muller te bica lévase algo de ti" (Anónima)

** Enfermo /// Premios 20 Blogs

Tedes que disculpar pero estou enfermo desde o sábado (cousas do frío e duro inverno que atacou forte a un servidor....). Espero voltar axiña ó 100%. Agora tocar recuperarse ben. Irei colgando algunha cousiña no blog. Pero a páxina estará baixo mínimos durante, previsiblemente, uns días.


Vota por A Lareira Máxica



convocado por:
20minutos.es





Por certo, os que queirades votar A Lareira Máxica para os Premios 20 Blogs, podedes facelo desde este luns. Premede no icono de principio de páxina. Tédesvos que inscribir (moi sinxelo), enviaranvos a confirmación do rexistro ó voso mail. Logo so tedes que votar....Está inscrita en 4 categorías: mellor blog en lingúa constitucional distinta do castelán, mellor blog de música, mellor blog de diseño e mellor blog persoal. Agardo que haxa sorte porque creo que vai facer falta...Calquera dúbida ó respecto podédesme preguntar. Gracias ós que votedes por A Lareira Máxica.

venres, 5 de xaneiro de 2007

** Os Reis Magos xa pasaron por A Lareira Máxica

5 de Xaneiro......nunhas horas virán os Reis e as Raíñas Mag@s - que estamos nunha sociedade que busca a igualdade de sexos eh!!!....E deixarannos regalos ou non...Se alguén se quere consolar con que che van deixar carbón e que vai vir de perlas para quentarse, sinto dicirlle que o carbón vai caro....
Non queda outra....Se te portastes ben terás regalo e senón terás "nothing de nothing" (spanenglish total).
Gustoume ver as cartas ós Reis Magos feitas por María e Mariam hai uns días. Tamén me sumo ás súas peticións. Aínda que me gustaría pedir, pola miña parte, (...)
Para ve-lo ARTIGO COMPLETO, CLICKA no seu título ou en Ve-lo Artigo completo....



1. Que haxa máis traballo e menos precariedade laboral
2. Que se acabe co negocio inmobiliario e a especulación urbanística, que benefica ós de sempre e que tanto está a perxudicar ás persoas que queren acceder á súa primeira vivenda (algo que se asemella a unha utopía nos tempos que corren)
3. Que a sociedade sexa máis xusta e menos individualista
4. Que as bombas e artefactos explosivos deixen de selo e se convirtan de maneira máxica en alimentos para os máis pobres, víveres que tanto necesitan.
5. Que A xente que aínda non colaborou en A Lareira Máxica, o faga de vez en cando, aínda que sexa firmando cun seudónimo. (utopía??)

E falando deste blog, dicirvos que xa quitei á arbore de Navdal, máis que nada para non ocupar tanto espacio con ela. De momento deixo ó Papá Noel....

De momento os Reis Magos obsequiaron á Lareira Máxica coas seguintes novidades:

* Engadín máis idiomas de traducción (aínda que insisto: dado que o blog está en galego, ningunha traducción a ningún idioma vai ser boa, porque as traduccións están pensadas para linguas maioritarias, por desgracia)

* A Lareira Máxica dálle o seu apoio a PUNTO GAL para a creación dun dominio en galego (.gal).

* Xa hai unha sección de blogs na "sidebar" ou columna lateral de A Lareira Máxica. Nela irei pondo blogs que me gustan ou recomendo.

* Xa hai 5 novos links ou enlaces máis na sidebar, que fai que xa cheguemos ós 107 vínculos en total. Os últimos corresponden a 5 xornais gratuitos: "L-V De luns a venres" (primeiro e único xornal galego gratuito), "20 minutos". "ADN", "Metro", e "Qué!". (Estou pensando que co tempo vou a cobrarlles por facerlles publicidade ás empresas que aparecen nos enlaces de A Lareira Máxica e que aparecen co seu logotipo e todo. En serio que o estou pensando, senón quitareirlles o seu logo. Sería o xusto, non?)

* Houbo algún pequeno retoque ó diseño da páxina (cores e alteración da orde dalgún elementos da sidebar).

E iso é todo, de momento.......Marcho que dentro dunhas horas cheguen ós Reis e Raíñas Mag@s.....¿Portaranse ben? Xa me contaredes. Por certo, eu son dos Reis Magos, non de Papá Noel......

Carpe Diem e Noctem

O administrador de A Lareira Máxica