venres, 5 de xaneiro de 2007

** Os Reis Magos xa pasaron por A Lareira Máxica

5 de Xaneiro......nunhas horas virán os Reis e as Raíñas Mag@s - que estamos nunha sociedade que busca a igualdade de sexos eh!!!....E deixarannos regalos ou non...Se alguén se quere consolar con que che van deixar carbón e que vai vir de perlas para quentarse, sinto dicirlle que o carbón vai caro....
Non queda outra....Se te portastes ben terás regalo e senón terás "nothing de nothing" (spanenglish total).
Gustoume ver as cartas ós Reis Magos feitas por María e Mariam hai uns días. Tamén me sumo ás súas peticións. Aínda que me gustaría pedir, pola miña parte, (...)
Para ve-lo ARTIGO COMPLETO, CLICKA no seu título ou en Ve-lo Artigo completo....



1. Que haxa máis traballo e menos precariedade laboral
2. Que se acabe co negocio inmobiliario e a especulación urbanística, que benefica ós de sempre e que tanto está a perxudicar ás persoas que queren acceder á súa primeira vivenda (algo que se asemella a unha utopía nos tempos que corren)
3. Que a sociedade sexa máis xusta e menos individualista
4. Que as bombas e artefactos explosivos deixen de selo e se convirtan de maneira máxica en alimentos para os máis pobres, víveres que tanto necesitan.
5. Que A xente que aínda non colaborou en A Lareira Máxica, o faga de vez en cando, aínda que sexa firmando cun seudónimo. (utopía??)

E falando deste blog, dicirvos que xa quitei á arbore de Navdal, máis que nada para non ocupar tanto espacio con ela. De momento deixo ó Papá Noel....

De momento os Reis Magos obsequiaron á Lareira Máxica coas seguintes novidades:

* Engadín máis idiomas de traducción (aínda que insisto: dado que o blog está en galego, ningunha traducción a ningún idioma vai ser boa, porque as traduccións están pensadas para linguas maioritarias, por desgracia)

* A Lareira Máxica dálle o seu apoio a PUNTO GAL para a creación dun dominio en galego (.gal).

* Xa hai unha sección de blogs na "sidebar" ou columna lateral de A Lareira Máxica. Nela irei pondo blogs que me gustan ou recomendo.

* Xa hai 5 novos links ou enlaces máis na sidebar, que fai que xa cheguemos ós 107 vínculos en total. Os últimos corresponden a 5 xornais gratuitos: "L-V De luns a venres" (primeiro e único xornal galego gratuito), "20 minutos". "ADN", "Metro", e "Qué!". (Estou pensando que co tempo vou a cobrarlles por facerlles publicidade ás empresas que aparecen nos enlaces de A Lareira Máxica e que aparecen co seu logotipo e todo. En serio que o estou pensando, senón quitareirlles o seu logo. Sería o xusto, non?)

* Houbo algún pequeno retoque ó diseño da páxina (cores e alteración da orde dalgún elementos da sidebar).

E iso é todo, de momento.......Marcho que dentro dunhas horas cheguen ós Reis e Raíñas Mag@s.....¿Portaranse ben? Xa me contaredes. Por certo, eu son dos Reis Magos, non de Papá Noel......

Carpe Diem e Noctem

O administrador de A Lareira Máxica









xoves, 4 de xaneiro de 2007

** Nova forma para "Ve-lo artigo completo"

Solucionado. A etiquetaxe que tiña para que funcionase "Ve-lo Artigo completo" funciona pero de distinto xeito (aínda que a partir de agora terei que usar outro código para esta opción, pois o anterior xa non vale para os artigos novos). Desta vez so tedes que premer sobre o nome do artigo. Poderedes ver tódolos artigos completos de A Lareira Máxica. Todos. Por tanto, xa non fai falta que os continúe reetiquetando un a un. Iso si, se vedes que un dos xa publicados pon: (...) ou " Preme en Ve-lo artigo completo para seguir lendo" ou da a sensación de que continúa PREME NO TÍTULO DO ARTIGO e ¡ LISTO ! verás todo o artigo completo con comentarios inclusive.

NOTA: Por tanto, os artigos do 1 de decembro en diante tamén os podedes ver coa opción "Ve-lo artigo completo". Os anteriores so a clickando no TÍTULO DO ARTIGO.

** A Frase Máxica......para reflexionar algo

"Moita xente entrara e sairá da túa vida, pero so os amigos verdadeiros deixarán pegadas no teu corazón" (Anónimo)
"Deben buscarse os amigos como os bos libros. Non está a felicidade en que sexan moitos nin moi curiosos; senón poucos, bos e ben coñecidos (Mateo Alemán)

mércores, 3 de xaneiro de 2007

** ALM completa o cambio ó novo Blogger

Tal e como reza o título deste artigo, A Lareira Máxica xa se actualizou por completo ó novo Blogger. Ata o de agora so se fixera o cambio parcial, pero aínda faltaba completara o cambio. Hoxe xa se fixo. @s que creedes un blog en blogger xa se fai na última versión. O problema é cando tes que mudar da antiga versión a ésta.....
O pero é que, tal e como vos adiantaba pola tarde, a opción de "Ve-lo artigo completo" non a recoñece o novo Blogger. Por ese motivo teño que etiquetalos doutro xeito para poder seguir tendo esta interesante e máis ordeada opción. Polo de agora xa reetiquetei os do mes de decembro de 2006 e os destes días de xaneiro de 2007, se ben me faltan os artigos de maio a novembro (ambos inclusive). Sucede unha cousa: os artigos de xullo a novembro ó estar etiquetados co código anterior fai que, namentres non os reetiquete non se poida ver completos. Así que calma. Os de maio e xuño non teñen ese problema porque non seu momento publicáraos todos sen a opción "Ve-lo artigo completo" (a cal agardo pórlles desta vez, aproveitando que o Miño pasa por Lugo e o Lérez por Pontevedra).
E chegados a estas alturas, preguntarédesvos: ¿que ventaxas ten o "famoso" blogger novo "de marras"... Ve-lo Artigo completo....

Algunhas xa as tiña ata onte A Lareira Máxica por ter feito o cambio parcial ó novo Blogger (ata hai poucos días denominado Blogger Beta).Pois ben, co cambio completo, as principais novas vantaxes son:

- Maior facilidade á hora da publicación de artigos

- Posibilidade de diseñar máis exhaustivamente a páxina en canto a cores, fontes de letras e tamaño, poidendo utilizar ata 5 cores e fontes diferentes á vez, así como introducir elementos da páxina por separado e de diferente índole: html, fees, imaxes, listas, textos,.....

- Creación dunha lista de etiquetas ou temas tratados no blog.

- Archivo dos artigos publicados en forma de árbol. Máis accesible e ordeado.
Aproveitando a actualización ó novo Blogger, tamén:

* Puxen un traductor ó inglés para a xente que nos le desde outros países ou que usa o inglés como idioma de epxresión. Teño e debo facer unha GRAN CONSIDERACIÓN. Dado que a páxina está en galego, a traducción ó inglés é mala (aínda que menos da unha pedra....e polo menos axuda en parte ós visitantes de fala inglesa), xa que está pensada para o castelán ou outros primeiro idiomas de países e non para linguas como o galego, catalán, vasco, etc. Busquei pola rede de redes pero non atopei un traductor específico do galego ó inglés. Se algúen coñece algún que sirva para traducir automáticamente un blog (se necesidade de traducir textos soltos) que mo diga nun comentario neste artigo ou por mail a dirección de alareiramaxica@hotmail.com

* No tocante ós contadores, introducín un que contabiliza ó número de usuarios simultáneas no momento en que te atopas vendo A Lareira Máxica, así como un mapa do mundo onde se resalta a situación do país do cal procede a túa visita.

* Posibiliade de saber cales son ós últimos comentarios feitos polos lectores do blog. Coa nova versión desapareceu o problema de que non aparecía o título do blog en movemento. Os códigos que puxen funcionan mellor nesta última versión de Blogger. Non saltan comentarios e actualízanse os comentarios antes.

* Puxen un segundo "logo" da páxina, na que aparece o mago debuxando o nome do blog. Formato gif animado.

* Tamén incrustei na primeira parte da sidebar ou colunma lateral varias frases máxicas ou pensamentos que cambian de xeito aleatorio cada vez que se accede ó portal. É dicir, de cada vez aparece unha distinta. Certo que é un repertorio limitado....Pero menos da unha pedra....
* E algunhas máis que se me olvidan

Por cuestión de orden e de non despreciar un piar importante do blog: a música on line e os máis de 100 vínculos ou links, puxen as etiquetas dos temas ó final. É posible que a orde deste ou doutros elementos da páxina poidan variar. POR SUPOSTO, GUSTARÍAME CONTAR COAS VOSAS OPINIÓNS E SUXERENCIAS nisto e no que teñades a ben.

Agardando que vos guste, e pedindo paciencia polos artigos que faltan por reetiquetar de "ve-lo artigo completo" (irei informando cómo transcurre o reetiquetamento),

Carpe Diem e Noctem,
O administrador