** Hoxe é noticia >>> As declaracións de .......
Como sabedes, A Lareira Máxica non é un blog de política. É precisamente este tema, o único que non ten cabida nela. Non obstante, hoxe fago unha excepción porque hai unhas declaracións feitas por un político que están dando que falar. Refírense á morte de Pinochet, falecido o domingo e que fora dictador chileno durante 17 anos. Como A Lareira Máxica é tamén un blog de opinión sobre a actualidade, pois tamén non é mala idea que nesta ocasión opinemos sobre o tema desta morte
e todo o que a rodea. Deixo o enlace da noticia, recollida por El Correo Gallego (Preme sobre o nome do xornal para lela).Tamén vou deixo o enlace dunha noticia relacionada co acontecido durante a dictadura de Pinochet e publicada, entre outros medios, no Diario de Léon, que tamén deu moito que falar no seu momento.
Que cada un analice estas declaracións e quite as súas propias conclusións. PODEDES DAR A VOSA OPINIÓN A FAVOR OU EN CONTRA.
______________________________________________________________________
Información ACTUALIZADA
Foi agredida unha xornalista de TVE que cubría a noticia, en Chile, da morte de Pinochet. Como unha imaxe vale máis que 1.000 palabras déixovos o fragmento no que se recolle a agresión sufrida por esta profesional namentres informaba en directo. Podedes opinar.






