luns, 6 de novembro de 2006

** O tempo pasa, e estes 2 ¿quen son? Proximamente...

¿Vístelos algunha vez? Na Lareira tamén descubriremos quen eran e a que se adicaban.... Son máis coñecidos do que pensades.....Pero, ollo para @s despistad@s!!!: Nin un nin outro gardan relación directa cos dous rostros do sábado e do domingo.... Iso si, deixaron unha profunda pegada nunha época determinada...
PROXIMAMENTE SAIREMOS DE DÚBIDAS... Xa falta menos para ese momento...Paciencia!!!

domingo, 5 de novembro de 2006

** Enquisa: ¿A distancia é o olvido?

Propúxome María, fiel colaboradora de alareirmáxica, (Thank you very much!!) un tema para unha enquisa: ¿a distancia é o olvido? ¿É posible deixar de pensar en alguén so porque esté lonxe? (entendendo distancia como calquera tipo de distancia: física, xeográfica, temporal,etc) ¿Olvidámonos daquela persona querida cando morre ou non sempre é tan fácil? E en temas de amoríos, ¿deixarías unha relación porque un dos dous tivese que marchar lonxe? ¿Qué consideras lonxe?.
Como vedes hai moitas preguntas, con diversidade de respostas posibles para un único tema... Agora so fai falta que participedes coas vosas respostas neste artigo. Se iso sucede, podería ser algo moi productivo e enriquecedor para todos. Considero, como xa lle dixen a María, que é unha boa pregunta sobre un tema complicado....

** ¿Quen é ela? Proximamente........o saberás....



Xa hai anos que non a vía... Fai uns días atopei esta foto dela en internet. Os anos pasan.... ¿De quen falo? Se queres sabelo, non te perdas "A Lareira Máxica". Proximamente no teu PC.....se tés internet....Conéctate e saíras de dúbidas.
Carpe Diem

sábado, 4 de novembro de 2006

** Proximamente en........A Lareira Máxica


¿Quen é el? Máis de un seguro que o coñece desde hai xa varios anos, pero quizás non se lembre.... Así é hoxendía.... Sí, xa Julio, pero, ¿quen raios é?

A solución terédela proximamente....PERMANECE MOI ATENTOS Á LAREIRA MÁXICA para averigualo....