** Enquisa: ¿A distancia é o olvido?
Propúxome María, fiel colaboradora de alareirmáxica, (Thank you very much!!) un tema para unha enquisa: ¿a distancia é o olvido? ¿É posible deixar de pensar en alguén so porque esté lonxe? (entendendo distancia como calquera tipo de distancia: física, xeográfica, temporal,etc) ¿Olvidámonos daquela persona querida cando morre ou non sempre é tan fácil? E en temas de amoríos, ¿deixarías unha relación porque un dos dous tivese que marchar lonxe? ¿Qué consideras lonxe?.
Como vedes hai moitas preguntas, con diversidade de respostas posibles para un único tema... Agora so fai falta que participedes coas vosas respostas neste artigo. Se iso sucede, podería ser algo moi productivo e enriquecedor para todos. Considero, como xa lle dixen a María, que é unha boa pregunta sobre un tema complicado....




