sábado, 8 de xullo de 2006

** Sobre o accidente do Metro

MÁIS DE 40 MORTOS NO ACCIDENTE DO METRO DE VALENCIA....
Sabemos que a causa do accidente foi que o maquinsita conducía o tren ó dobre de velocidade permitida no tramo da vía onde aconteceu o triste suceso. Sobran palabras por tamaño irresponsabilidade do conductor. (...)

Non obstante voume centrar noutro aspecto: algúns sindicatos xa alertaran hai meses de que a línea tiña serias deficiencias en canto á súa seguridade, e de feito xa acontecera outro accidente -afortunadaemente sen víctimas- o pasado mes de setembro.

Desgraciadamente, como todo nesta vida, non se toman as medidas convenientes ata que pasa unha desgracia. E ás veces nin con traxedia....Considero que os políticos de turno poideron ter feito moito máis se dotaran á líena das reformas de seguridade necesarias que pedían os sindicatos. ¿E agora que?.

Insisto en que isto último tampouco exime de culpa ó maquinista que ía ó dobre de velocidade no tramo onde aconteceu o sinistro. Non pode xogar coa vida das persoa que transporta...

Voltando á responsabilidade política, traxedias similares "deixaron avisos" que logo acabaron derivando en grandes hecatombes. Un deles é o do Prestige e outros petroleiros que afundiron no mar tendo o famoso "monocasco". A día de hoxe aínda non é obrigatoria o uso de dobre casco ata dentro de bastantes anos.

Oxalá nun futuro non teñamos que lamentar máis sucesos coma o do metro do Valencia, O Prestige e outros moitos....

venres, 7 de xullo de 2006

** ...7 de julio, San Fermín...

Hoxe é San Fermín, xa sabedes aquilo de “…1 de enero, 2 de febrero, 3 marzo, 4 abril, 5 mayo, 6 de junio, 7 de julio…San Fermín”. Particularmente, os toros nunca me gustaron. E correr diante dun toro paréceme algo absurdo, e ademais co risco de recibir unha cornada ou , incluso de morrer...

Sí, poden ser bonitos os traxes dos aficionados que acuden a Pamplona a celebar as Festas de San Fermín e que dalgunha ou outra maneira lle gustan os toros….¿ou a diversión?. Creo que habería que chamar a cada cousa polo seu nome.
Estou seguro que se fose unha festa adicada a leóns, máis dun tamén se apuntaría a correr diante de tamaño felino, con tal de divertirse e de querer divertin sabe Deus a quen...


Nos últimos anos falouse moito de que moitos dos accidentes e collidas son provocadas polas numerosas persoas que se poñen a correr diante dos bovinos bravos, E non so iso, senón o estado en que o fan. Bastantes deles están bébedos ou con resaca dunha noite de movida. Ë dicir non están en condicións de correr nin, moito menos, de xogarse a vida correndo diante dun toro. E non acaba aí: de paso poñen en perigo a vida doutra xente que sí está en condicións físicas (orque psíquicas mellor non falar…¿está ben unha persoa que arrisca a súa vida de tal xeito?).

Se algún dos que está a ler este blog ten pensado irse estos días a Navarra a disfrutar dos Sanfermíns, pois ante todo que sexa cauto e que teña cabecita e pense ben o que faga, e as consecuencias que determinadas eleccións lle poden provocar. Despois que non se boten as mans á cabeza.


Para rematar gustaríame facer unha reflexión. Póñamos por caso de que os toros poderán pensar como as persoas: ¿Qué pensarían de todo isto?. Penso que moitos deles pensarían algo así como: “ ¿ que fan éstes parvos correndo diante de nós? A ver se se apartan e nos deixan pasar que temos que cegar pronto ó corral…Que paciencia hai que ter cos humanos meu”. En fin, que se isto fose así, os toros serían máis listos e demostrarían unha mellor saúde psíquicas que os toros branquivermellos que se poñen diante deles. Eses si que son toros. E non o digo porque poidan ter cornos algúns deles...

Carpe Diem

xoves, 6 de xullo de 2006

** Retirada do chat da Lareira

Tal e como vos adiantei hai días, dado o escaso interés amosado polos que acededes ó blog en relación ó chat que puxera, decidín retiralo definitivamente xa que salvo en dous casos que me pediron non facelo, o resto non vos interesou o tema, polo que vos entendo que vos daba igual. (...)
É unha mágoa que non vos interese, pero tendo en conta que os destinatarios directos seriades vós, era absurdo manter algo que non é empregado. Ademais, ocupa espacio.

So me prantexaría voltalo a reabrir se houbese moit@s peticións para súa repertura no email sanxe@hotmail.com. Pero ou ocurre un milagro ou a indiferencia seguirá marcando a pauta....

So dicir que voltei a pór algún enlace de interés máis. Xa van 48. Se coñecedes algún que poida resultar interesante e non estea no blog, anímovos a que mo fagades saber á mesma dirección. Como sempre, estou aberto a tódalas suxerencias que sexan interesantes (artigos, música, vínculos ou enlaces de páxinas web, etc.)

Carpe Diem

martes, 4 de xullo de 2006

** Anécdota dun café + un xornal +....


¿Qué pensariades se unha muller duns 60 anos vos pide que lles deixedes ver unha cousa no xornal? Algo que entra dentro do normal. Poder tér presa e precisa ve-lo, unha noticia, o teléfono de algún sitio, o tempo,…ou incluso unha esquela que é o caso que nos ocupa. Ten tela o asunto. Lede e xa me diredes (…)

A cousa foi que estaba tomando un café a mediamañán. Empezaba a botarlle un ollo ó “Diario de Pontevedra” cando se me acercou unha muller duns 65 anos máis ou menos. Preguntoume se me faltaba moito para acabalo. Díxenlle que uns minuto. A continuación a “señoriña” insistiu dicíndome que so era para ver unha esquela. Ante esta justificación accedín a deixarllo. Supoñía que querría ver a que hora era o enterro dalgún coñecido…


A partir de que lle deixei o xornal foi cando sucedeu algo que non é moi normal ou habitual (pero seguro que máis dunha o fará). A muller colleu o xornal que lle prestei e durante uns minutos púxose a ler en voz alta tódalas esquelas e a curiosear: idade do morto, onde vivía, etc, etc. ¡ Non era para ver ningún enterro dun familiar, veciño e coñecido!. Logo, iso si, devolveume educadamente, e díxome que lle gusta ver as esquelas tódolos días.

Caray, cotillear cos mortos!!!. Home que queira ver o lugar ou a hora onde enterran a unha persoa que coñece pois entra dentro do normal, o outro xa non tanto. Claro que tampouco é a única persoa que o fai. Teño visto a xente moito máis xoven ver as idades a que morrían os difuntos…...Brrr!!!!.



Cando marchou a muller retomei o xornal e acabei de tomar o café. Pero a cousa non acabou aí. A muller en cuestión entra tódolos días na cafetería so expresamente para ver as esquelas e cotillear….. Ver para crer….

Carpe Diem