luns, 3 de xullo de 2006

** Vamos como motos


Sí, vamos como motos, porque o Mundial de Motociclismo ten cada día máis sabor español nas tres categorías, logo da disputa onte do Gran Premio de Inglaterra no circuito de Donington Park. 125 e 250 c.c. e MotoGP tiveron vencedores españoles. (...)

En 125 é un recital completo dun xoven chamado Álvaro Bautista, do equipo de Jorge Martínez Aspar. E co seu triunfo incrementa todavía máis a súa vantaxe sobre o segundo clasificiado Mika Kallio que agora é de 52 puntos, nada menos....

En 250 nova victoria doutro xoven español Jorge Lorenzo, que recurta a diferencia que lle quitaba Dovizoso antes da disputa deste Gran Premio. Agora a desvantaxe en relación ó líder do Mundial é de tan so un punto.





Por último, en MotoGP, Dani Pedrosa acadou a segunda victoria persoal na categoría reina do Mundial de Motociclismo, ó que unido a que o líde do Mundial quedou 7º onte, fai que de 42 puntos de desvantaxe que tiña antes de chegar ó Gran Premio de Inglaterra, sexan agora de 26.



Tres xóvenes pilotos españoles que van seguir dando moitas alegrías ós aficionados españoles ás motos. E non so iso, senón que teñen moitos anos por diante para seguir dándonos moitos máis anos de triunfos e bos resultados.


A clasificación do Mundial vai así:

Clasificación 125cc ::
1º Bautista 185
2º Kallio 133
3º Gadea 114
4º Pasini 112
5º Faubel 110

Clasificación 250cc ::
1º Dovizioso 159
2º Lorenzo 158
3º De Angelis 111
4º Aoyama 108
5º Takahashi 108

Clasificación MotoGP ::
1º Hayden 153
2º Pedrosa 127
3º Rossi 118
4º Melandri 114
5º Capirossi 107


-------------------

O lado negativo do domingo foi o 5º posto de Fernando Alonso na carreira de Fórmula 1 do Gran Premio de EE.UU., disputado no ciruito de Indianápolis. Unha carreira na que so remataron 9 dos 22 coches que tomaron a saída. Nas primeira volta tiveron que abandoar 7 coches logo dun incidente múltiple....





Pero hai que ver ó lado positivo das cousas. O circuito non era o apropiado para Fernando Alonso: circuito nada propicio para Renault, unido a que o motor do seu coche era o mesmo do Gran Premio de Canadá (so poden empregar un motor novo cada dúas carreiras). Victoria de Michael Shumacher, que está a 19 puntos do crack español.

Non todo poden ser victorias, e puntuar nesta carreira está moi ben de cara ó Mundial. Ademais, non gañar tamén serve para valorar aínda máis futuras victorias do noso campión, que penso que vai gañar este ano o seu segundo Mundial de Fórmula 1. Tempo ó tempo. ¡Ánimo Fernandinho!

domingo, 2 de xullo de 2006

** Versión intro e completa dos artigos

Aproveitando a entrada do novo mes, introducín no blog un novo cambio. Ten que ver coa forma na que se amosan os artigos. A partir de agora, amosarei unha breve entradilla do artigo. Quen o queira seguir lendo basta con que prema sobre o botón de cor verde ou castaño da dereita "VE-LO ARTIGO COMPLETO" Pero pasemos á práctica para ver cómo funciona. Preme o botón en cuestión para seguir lendo(...)

O obxectivo é organizar mellor os artigos para que se poidan ver na páxina principal un maior número deles. Se algunha persoa quere seguir lendo un artigo que lle interesa, poderá facelo dándolle ó botón "VE-LO ARTIGO COMPLETO" .

Estiven dubidando de facer este cambio ou non. ¿Por qué? Sinxelo. Porque a xente que acostuma a entrar no blog e darlle ó play dos videoclips namentras le os artigos terá o incoveniente de ter que darlle ós vídeoclips cada vez que alterne entre a versión "intro" do artigo e a "extendida".

Nembargantes, inclineime por di pór as dúas versións dos artigos, porque a nivel formal e organizativa queda mellor. O tempo dirá se me equivoquei ou non.

Espero que vos guste o cambio.

sábado, 1 de xullo de 2006

** O carnet por puntos. Opinión


Como vos adiantaba onte, hoxe toca falar do carnet por puntos. Non vou falar de cantos puntos podedes perder por cometer depende que infracción. Non. So vou dar a miña opinión. Alá vou….

O do carnet por puntos, en principio paréceme unha boa idea, a pesar de que moitos e, especialmente os conductores profesionais, se opoñan. Conduzas moito ou pouco debes ser consciente de que conducir un coche é conducir unha máquina, e como tal, unha máquina non so pode matarte a ti, senón que pode matar a outros conductores –ou a peatóns- completamente inocentes ou que nada fixeron para merecer tal infausto e tráxico destino (...)

Se non queres perder puntos, preocúpate por facer cumplir as normas de tráfico, e seguro que non terás problemas. Xa sei que, aínda así, hai casos particulares e algunhas cousas coas que non estamos dacordo. Creo que os fallos que poida haber por parte de Tráfico deben sabelos rectificar co paso dos meses, se se demostra que é totalmente necesario.



As miñas inquedanzas son dúas:
1- Conducir a 70 km nun lugar de velocidade máxima de 50 descontará puntos e conlevará sancións….Home, isto en moitos casos non me parece xusto, porque 70 km nunha recta é moi fácil ir, o difícil é non ir a menos. Non digo nun casco urbano ou no centro dunha cidade. Entendo que haxa que limitar a velocidade. Estou dacordo, e dicévolo unha persoa que nunca pasou de 110 km/hora nos sitios onde se podía facelo….e que a súa velocidade normal é entre 70 e 90 km/hora en carretera…

E insisto nestes datos porque hai xente que VAI COMO TOLA, a máis de 100 nun sitio reservado a 50 de tope, a 170 nunha vía rápida limitada a 100 ou a 200 e pico nunha autopista onde se pode correr so a 120 km….

A velocidade é un perigo, pero creo que o límite de 50 en determinados lugares faise bastante complicado. Non digo que haxa que ir a 80 como no caso de “Farruquito”, nin moito menos…..

Tampouco digo que vaiamos a 70 polo medio dun pobo ou unha cidade, pero nunha recta dunha carretera limitada a 50 onde se podería circular a 70, e de feito o 90% dos conductores circulan a esa velocidade, pois non me parece xusto que non se poida facer.



2- ¿O carnet vaise aplicar coa mesma meticulosidade ás motos e ciclomotores?
E digo isto porque a pesar de que se soe dicir que os coches non respetan ás motos, creo que, polo xeral, é o revés: as motos non respetan ós coches. E quen non estea dacordo, invítoo a que se estea media hora en calquera estrada e vexa circular o tráfico. Nese periodo de tempo verá adiantamentos perigosos ou prohibidos das motos a coches.

Polo feito de que as motos vaian sobre dúas rodas e ocupen menos espacio na carretera non lles dá dereito a adiantar en líneas continuas, ou pola esquerda, ou pola arcén, ou en curvas vindo coches de fronte (e pondo en risco a éstes).

Desde aquí reclamo a Tráfico que vixie moito máis do que o fai ás motos de cilindrada e ós xóvenes que van en moto. Non se pode querer ser estricto cos coches e non facelo mesmo coas motos. Ó fin e ó cabo conducir unha moto ou un coche nunha estrada supón pór en perigo vidas propias ou alleas e se o carnet por puntos persigue realmente baixar a siniestralidade nas carreteras pois non se pode discriminar a un medio de locomoción en relación a outros. O código de circulación ten que ser respetado por motos e coches.




Podería falar de moitas outras cousas relacionados, pero por hoxe xa chega. Oxalá a partir de agora todos que conduzamos motos, coches, etc teñamos moito máis sentidiño ó manillar, ó volante,... Sen distinción quen sexa o infractor (Policía e Garda Civil incluidos...). Se o facemos, gañaremos todos…..
----------
NOTA: Recórdovos que na marxe esquerda no último bloque de vínculo teño colgado un enlace onde vos podedes informar do carnet por puntos de xeito moi gráfico e moi sinxelo.

Carpe Diem

venres, 30 de xuño de 2006

** 30 de xuño: final e principio


Pasan raudas e veloces as últimas horas do día 30 de xuño de 2006.
Dicir 30 de xuño soa a fin de contrato no mundo do deporte, pero tamén simboliza outras cousas….

A nivel religioso celébrase San Pedro, a nivel profesional pode conlevar o último día de traballo previo ás vacacións de verán para os que disfrutarán no “meu” mes, isto é, no mes de Julio. Relacionado co anterior, é data de principio da operación saída de vacacións de Tráfico este ano, coincidindo cun venres….E tamén vencellado a isto último, mañán comenza a aplicación do carnet por puntos…..

Retomando o eido deportivo, no mundial de fútbol, hoxe principiaron as semifinais. Alemania eliminou a Argentina (a miña favorita para ter gañado o mundial de Alemania), e Italia vai camiño de logralo diante de Ucrania (ou como din os da TeVeGá no seu galego teórico-científico e nada empírico: “Ucraína”).

Hai un intre, estaba vendo a información deportiva na TeVeGá e sentín un pouco de tristura xusto cando remataba o bloque deportiva. ¿Por qué? A resposta é que se despedía dos deportes da TVG, e coido que tamén da cadea, a presentadora Mónica Martínez, unha histórica da canle autonómica, a pesar de que aínda é moi xoven. Sorte Mónica, que a pesar de que non te coñezo persoalmente, sempre me caístes ben.

Deséxolle toda a sorte a esta coruñesa tan simpática, ou esa é a imaxe que da. Para ela o 30 de xuño tamén supón un remate de contrato e un cambio.

……30 de xuño de 2006, o último día previo a moitas cousas, ou o primeiro para cousas novas, según como se vexa.

Mañán darei a miña opinión sobre o carnet por puntos, do cal teño colgado un enlace nos vínculos da marxe esquerda no apartado “Outros vínculos de interese”.