domingo, 4 de xuño de 2006

** Recursos novos para o Blog

Dicíavos tan so hai uns días que quería ir introducindo cousas novas no Blog. O primeiro foi enlaces para escoitar música de radio de xeito onlin (Kiss FM, Cadena Dial, Los 40, M-80 e Máxima FM), se ben teño pendiente saber cómo facer para que se pode escoitar a música de fondo namentres se consulta o blog. De momento, o enlace é externo.


Outra das cousas introducidas nos últimos días foi un contador de visitas. Constinuando con estas novidades, desde onte existe un calendario co seu correpondente reloj, así como un CHAT. Xa houbo xente que o estreou onte. Gracias por participar!!!.

No presente artigo introduzo un vídeo: o duns chinos ou japoneses (nunca me aclaro como distinguilos jeje!!) que parodian cancións. Seguro que algúns de vós xa os vístedes no programa de Buenafuente....



Agardo que disfrutedes con todas estas novidadesm, que se todo vai ben e o tempo mo permite, confío en incrementar paseniñamente.

Unha vez máis lánzovos a invitación a participar enviando ou comentando artigos, facendo suxestións e críticas constructivas, entrar no chat.....

Un saúdo a tod@s.

sábado, 3 de xuño de 2006

** Un silencio amigo

Hai momentos na vida que sempre nos acordamos de conversas mantidas no pasado, porque algo ou alguén as evoca. No caso que nos ocupa o feito que me fixo recordar foi ver a dous mozos sentados nun parque que parecían levar longo tempo sen falar. Pero o silencio non parecía incomodarlles. Daba a sensación que para eles non supuña ningunha traba, nin cercenaba a súa tranquilidade coa súa presencia muda.

Acordeime, case de súpeto, dunha conversa pseudo-filosófica que, na miña etapa etapa compostelana (¡maravillosos tempos aqueles, sí señor! sostiñamos uns amigos un venres pola noite, sentados nunhas excelentes butacas xa ben entrada a madrugada. Debatiamos sobre a amizade, en sentido amplo, sen ceñirse o diálogo á amizade dentro dunha relación de parella. Non. Dabamos dous pasos máis alá para conversar dunha amizade en xeral.

Daba igual que fora entre amigos ou amigas ou "fifty/fifty". Iso era o de menos.
O meollo da cuestión xiraba en torno ó silencio. Argumentaba alguén que o silencio moitas veces é nefasto e incómodo, pero que non sempre é así. Outro amigo, sen embargo, dicía que o silencio sempre é negativo, que non podía haber nin había excepcións. Nembargantes, ó final da conversa sucumbiu de xeito irrevocable ó prantexamento contrario. E é que os argumentos da primeira tese, a de que ás veces pode ser positivo, sobran se refexionamos un pouco.

Pensaredes que iso do silencio negativo é unha falacia. Se iso é o que pensades, trabucádevos bastante. Prestade atención e veredes como todo ten a súa lóxica. Os exemplos non recordo cales eran, pero dá igual, vouvos pór outros que están na mesma liña. O amigo que defendía que o silencio pode ser positivo mantivo o seguinte argumento: cando acabas de coñecer a unha persoa ou cando, a pesar de coñeceloa, non tés a suficiente confianza con ela, no intre en que calquera dos dous non sabe que decir, a situación xenera unha incomodidade latente. Da a sensación de que “te sintes obrigado a falar do que sexa”, eran as súas palabras. É certo, todos sabemos de temas recurrentes: o máis famoso e, sen dúbida, o do tempo. ¿ou acaso non acabamos algunha vez falando deste ou doutros temas algunha vez na nosa vida?.......

Neste sentido, o silencio non é positivo, ó contrario, é negativo. A incomodidade, o non saber que dicir, non nos fai cómplices, todo o contrario. Se acaso so nos faría cómplices do absurdo. Isto non se dixo naquela conversa, pero éngadeo éste que vós está a escribir estas disquisicións.

Chegados a este punto é obrigado aclarar ¿Qué é iso do silencio positivo?. Moi fácil. É o silencio cómplice, aquel silencio no que non falar non nos fai sentir incómodos ou molestos: cando podes estar cunha persoa e sabes que de vez en cando o silencio é so iso silencio, sen máis significados, e cando non te obriga necesariamente a falar. ¿Por qué? Porque @ teu/túa amigo@ ou parella xa te coñece e estás a gusto con el a pesar de non falar. Incluso, cun xesto podemos comunicar moito máis que con palabras. un xesto que será correctamente interpretado polo nos@a amig@ ou compañeir@ se temos a suficiente confianza e nos coñecemos ben. Nestas situacións sobran as palabras. Cabe matizar algo, e é que todo ten un límite. Tampouco é cuestión de estar horas e horas con alguén e non dicir nada. Xa se sabe os puntos extremos nunca son bos, como rezaba o famoso dito do filósofo (creo que Aristóteles).

En resume, dous amigos ou amigas poden estar sen falar e non sentirse incómodos porque son amigos e coñécense. Saben que a súa amistade está por enriba destes “lapsus” voluntarios ou involuntarios que non vai influir na súa amizade e daí que non os faga sentir obrigados a falar para “aparentar” normalidade e sentirse cómodos porque xa o están. O feito de non falar entre eles un periodo de tempo determinado non é obrigatorio, non os compromete. É como se fose un pacto non establecido. E se vos parades a pensar esta argumetanción ten sentido, moito sentido. É convincente e elocuente.

Ó fío deste argumento que acabo de expór, e que tamén suscribo plenamente, o tema da mirada cómplice. Isto quizás teña unha vertente máis amorosa, pero de todo hai. Estes días vin unha película que me lembrou esta outra vertiente da complicidade. Unha vertiente de índole visual e relacionada co significado da linguaxe non verbal e á súa interpretación.

Ás veces unha mirada di máis que mil palabras. Pemitídime que faga esta licencia para parafrasear ou adapata-la expresión popular “unha imaxe vale máis que mil palabras”. Vulgarmente as mulleres describen o físico do seu home perfecto como “rubio de ollos azuis”…... Que error!!! Ou acaso os rubios sonche perfectos?? As persoas non son superficies planas nin, por suposto, tódolos rubi@s, morens, etc. son iguais. Faltaría máia!!!!

Bueno, iso é outro tema do que poderiamos falar outro día. Pero a cor é unha cousa e a forma de ver é outra. De feito, a mirada é unha poderosa arma……. Xa me entendedes……Todo depende de quen sexa o artífice da mirada e do que pretende con ésta. E coidado, que tamén serve para manipular consciente ou inconscientemente. E senón que llo digan á xente que emprega estas armas como medio para enganar e conseguir oscuros ou innobles fins.....

Poderíase seguir e seguir pseudo-filofando sobre o silencio, as miradas,... pero outro día seguirei que por hoxe xa é abondo.

venres, 2 de xuño de 2006

** Mónica Molina


A cousa vai hoxe de música. En concreto, quería falar de Mónica Molina, a máis pequena de aquel famoso artista que foi Antonio Molina, ó da canción "Soy Minero". O seu pai tiña unha voz impresionante. As súas cordas vocais eran un prodixio. Non hai máis que escoita-lo na canción "Soy Minero" e obervar como aguante a voz.

Todos coñecemos a Micky Molina (creo que un impresentable, ou iso é a fama que se está a ganar ultimamente)ou Ángela Molina. En total son 7 irmáns con ela.

Mónica fixo algunha película, se ben non tiven o pracer de vela. O que si teño o pracer é de escoitar a súa maravillosa voz. Plagada de romanticismo, sentimentos, dozura e melancolía coas que impregna os seus tres discos que leva ata o momento.

Incluso se atreveu cun fado ("Pequeno Fado"), no que constituiu unha das súas primeiras cancións. Outras boas foron, entre outras, "Como el aire", "Tiempo perdido" ou "Dime

Recentemente saiu á venda o seu cuarto disco. Dos tres anteriores vendeu máis de 200.000 discos: "Tú Despedida" (1999), 'Vuelo' (2001) y 'De Cal y Arena' (2003). Agora saca ó mercado ó seu último traballo discográfico que leva por título "A vida! mercado 'A vida', con composicións do seu irmán Noel Molina. ¿Elocuente título, coñecendo a temática das súas cancións, non? 11 temas musicaisi xalonan o seu cd, que volta a ser unha voz máis unha mezcla de cancións intimistas e chea de sensacións profundas. ".
Os 11 cortes do disco:

1.Donde Seas Que Hoy Estés
2.Tesoros
3.Nostalgia
4.Sueños
5.A Paso Lento
6.Sed De Ti
7.Líbrame
8.Por Haberte Conocido
9.Nuevo Amanecer
10.Porque Te Sigo Amando
11.Amar En Tiempos Revueltos

Aínda que todos son moi bos, quédome co nº11 "Amar en tiempos revueltos" e, en especial, co primeir: " Donde sea que hoy tú estés" (que é o tema que soa na radio estes días).

So expresaría un pero no referente a Mónica Molina. O pouco recoñecemento que se lle presta ós seus discos. Considero que é unha cantante boa. Como xa dixen, ten unha voz estupenda, pero a iso hai que unirlle o ben que sabe transmitir as letras que emanan da súa música, así como o significado que encerran tras de sí. Un aire reflexivo e inquedo agóchase no seu interior.

Oxalá algún día se lle recoñeza como merece. Quizás o seu apelido Molina non lle estea a axudar moito, agás na promoción das cancións. Quen sabe. Ou ó mellor o seu estilo non acaba de ser entendido por toda a xente e so sea recoñecida a súa valía por una poucos. Non o sei, pero no que a min se refire conta co meu agrado.

xoves, 1 de xuño de 2006

** .....Un MES despois.....!!!


Este blog cumpre un mes de vida. Que axiña pasa o tempo -como todo-. Creeino o 1 de maio, e neste mes fun introducindo diversos artigos e reflexións, coas que haberá xente que se identifique e xente que non --como todo nesta vida tamén--.

Agardo que vos esteas gustando o blog. Trato de face-lo o mellor posible. Fun introducindo vínculos a páxinas web e de música online e, hai uns días, un contador de visitas. Aínda así, falta moito camiño por andar. Co tempo gustaríame pór cousas novas: un enlace de radio que permita escoitar unha emisora de radio online namentres consultades os artigos do blog, xa que de momento para escoitar a música hai que saír do blog. Aínda non sei cómo facer para que ambas cousas poidan facerse de xeito simultáneo. Así que vos agradecería que, se podedes solucinarme este contratempo, me botedes un cable (sanxe@hotamil.com, ou directamente nun comentario deste mesmo artigo).

Teño en mente poder pór algún vídeo, un reloj (en ambos casos non sei cómo se fai) e introducir máis vínculos. Pero o que máis me gustaría é que participarades no blog cun artigo ou cun simple comentario dalgún artigo, suxerencia, consello, etc. Estou totalmente aberto á vosa participación. E de paso, se me podedes resolver algunha dúbida, pois xenial!!!.


Descoñezo as persoas que se conectan ó blog. So se o nº de visitas, pero iso é moi impersoal. Van máis de 2.000 visitas, aínda que máis de un seguro que repitiu que non creo que consultarán o blog 2.000 internautas.....

O dito, espero que o blog poida seguir mellorando e aportando cousas novas e, o máis importante, que vos guste.....

Un saúdo, e moitas gracias á xente que, polo menos, entrou unha vez no blog. Fago extensible o agradecemento a BLOGGER por deixarme a posibilidade de crear esta páxina. A todos gracias e a seguir crecendo!!!