sábado, 4 de outubro de 2014

** As porcentaxes que xogan ó despiste

Houbo un tempo no que se as gasolinas e gasóleos subían unha peseta (para os máis novos: sería menos dun céntimo actual) xa era motivo de apertura dos telexornais e informativos. Hoxe xa poden incrementarse cinco céntimos dun día para outro, que non será motivo para principiar programa algún. Pero non so é iso, de hai uns anos para aquí en lugar de falarse de que suben ou baixan tantos céntimos, so se fai referencia á porcentaxe de subidas ou baixadas. Dame a sensación de que se quere enganar á poboación para que pense que suben menos os carburantes. Afortundamente a xente -polo menos unha gran parte- non se deixa enganar facilmente. Deberíase falar de céntimos e non de porcentaxes que xogan ó despiste. A imaxe que ilustra este artigo foi tomada hai case un ano. Nembargantes, as cousas non mudaron. As informacións séguense dando de xeito interesado para que non cunda o pánico.


Por certo: cando se din prezos sempre se da a media estatal ou a de Madrid, pero en Galicia sempre son máis caros. E é que en Galicia, paradoxicamente, é unha das comunidades cos soldos máis baixos de España pero a que ten un custe máis alto dos combustibles. ¿Enténdeo alguén?


A información sobre os prezos dos carburantes, como acontece cos datos do paro, préstase a manipulacións e maquillaxes que tenden a restarlle importancia a cousas que sí a teñen, e mesmo a sacar unha nimiedade positiva de tremendas cifras e datos negativos. Cómpre non deixarse enganar...


...........................................................
Julio Torres

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Estrela de Xullo dixo...

Boa tarde. Por que están os combustibles tan caros? As persoas que temos que coller o coche obrigatoriamente para ir traballar trememos cada vez que paramos nunha gasolineira a repostar. Se sobe o prezo do petróleo, deseguida sobe a gasolina; pero se baixa, nós nin nos decatamos. Non sei se os prezos xogan ao despiste... Máis ben xogan as petroleiras con nós.
Un saúdo.

Julio Torres dixo...

Moi certo, Estrela de Xullo. Especulan moitos co prezo dos gasolinas e gasoléos. A ver se poñen freo a estes abusos. Seguro que algúen vive nun agosto permanente á nosa costa.
Saúdos máxicos!