martes, 4 de febreiro de 2014

** Burbulla






E co brillo do sol,
ao lonxe, se delatou,
pois,a súa presencia,
ao ser transparente,
non se fixera patente.

Preguntárame miles de veces
por qué non respondía
maís que burdas sandeces.
Por qué xa non sorría
e a súa alma desaparecera.
Nunha gran burbulla vivía
sen que a realidade transcendera.
Apartado dos sentimentos
das persoas e dos seus pensamentos.
Sumido no egocentrismo,
non se daba conta que vivía
nun mundo de ilusionismo.

Sen sentimentos que fixeran sufrir,
sen sentimentos que fixeran vivir,
adicado ao seu traballo e ao seu mundo,
mundo onde os sentimentos eran mudos.
A súa alma perdeuse na inmensidade
da materia e do razoable.
Só interesaba a súa realidade.
Unha burbulla impenetrable
o protexía das persoas;
as cales simples nomes eran,
listas de nomes sen vida,
neles só buscaba afagos,
cumprimentos e resultados,
sen darse conta sequera,
das amizades perdidas.

O amor, a amizade, a compresión
todos estos, sentimentos son;
desterrounos da súa persoa
creando a burbulla para mantelos fóra.
Chegará un día no que descubra,
xa, quizáis, moi cerca da loucura,
e vexa con cordura que o seu corazón
necesita sentimentos e non protección.
Ese día, volverá a vivir e lle contará,
cando esté preparado, a súa alma lle falará:
dos sentimentos
e dos pensamentos,
da felicidade e da morriña,
do encanto da vida,
do sufrir para gozar,
do rir para non chorar...

..................................................................................................................................... SANXENXO.© Mary Camiña

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mariam dixo...

¡Moi bo!

Julio Torres dixo...

Gran poema Mary. E nótase que moi reflexivo e sabendo moi ben o que se di.

Coido que unha persoa sen sentimentos non pode considerarse como tal. Logo, evidentemente, hai persoas que exteriorizan máis ou menos os seus.

Expresar os nosos sentimentos é un acto de liberación e de madurez, sempre dentro dunhas normas claro está. Pero reprimir os sentimentos coido que non é bo