** Infomativos tripitidos ó unísono
Hai cousas que non se entenden. É o caso de TVE que a partir de setembro decidiu dar en directo os seus informativos tanto en La 1 coma no canal TVE en Hd e tamén no de Canal 24 horas. Os tres de xeito simmultaéneo. A opción en HD pois pódese aceptar: que as persoas que teñen un televisor con HD poidan ver un informativo en alta definición, aínda que a alta definición non implique necesariamente unha alta calidade do contido...
O que é a todas luces incompresible e que tamén se vexa en directo nunha terceira vía: O Canal 24 horas. Ata hai pouco víanse os telediarios en diferido no 24 horas cunha media hora de retraso. Iso era moi comprensible: unha oportunidade de visionalo para que as persoas que non poden velo a unha hora véxano noutra. Agora non, agora non se pode ver en diferido senón emiten ós telediarios en directo á mesma hora en TVE e no Canal 24 horas a un tempo (e tres se contamos o de HD). Absurdo. Para facer iso mellor que deixen o telediario no Canal 24 horas e boten en La 1 outra programación (incluso poden botar man do archivo histórico de TVE para encher ese oco, a custo cero ou case cero). Xa se sabe que o sentido común é o menos común dos sentidos...
Julio Torres
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Boas tardes.
O certo é que hoxe en día temos tropecentas cadeas de TV e non facemos máis que zapping porque non encontramos nada de xeito, polo menos no noso caso. Últimamente a nosa tele está en estado de apagado contínuo cando estou soa na casa. Cando están os nenos, cambia a cousa e póñense cos debuxos, pero ata eles se queixan de que sempre son os mesmos capítulos, que se repiten unha e outra vez, e non me extraña, antes tiñamos unha hora de debuxos e cundían máis. Agora con cadeas exclusivas para nenos non chegan a nada.
Desde logo, non creo que se esté facendo un uso eficiente das cadeas nin das súas programacións, pero se hai xente que as miran é normal que non se cambie.
Dame no corpo que o sentido común cada día se está a usar menos, e non só nas programacións de TV, debe ser de propagación "vírica".
Saúdos.
Pois certo é, pero algunha realidade hai detrás para que se determine facelo así, non sabemos se é por temas económicos (parece que non) ou máis ben por temas políticos (interesa realmente que chegue a información), todo está manipulado e nós os mellores títeres para manexar, aínda que pareza que non...
Publicar un comentario