luns, 9 de abril de 2012

** Efemérides. Tal día coma hoxe...9 a 15 de abril


NEGREIRA. X. Amancio Liñares Giraut & Antonio Puentes Chao




abril-09 1842 Nace en Mondoñedo o músico Pascual Veiga Iglesias, autor, entre outras moitas composicións, da música do Himno Galego.
abril-09 1916 Nace en Fornelos de Montes (Pontevedra) o poeta e narrador Manuel Lueiro Rey.
abril-09 1925 Preséntase na igrexa de San Francisco a Coral Polifónica de Pontevedra, impulsada, entre outros por Antonio Losada Diéguez (primeiro presidente), Alexandre Bóveda e Castelao.
abril-09 1937 Nace en Noia Xosé Agrelo Hermo, mestre, escritor, autor e director teatral, así como director literario da Editorial Toxosoutos.


abril-10 1923 Nace en Pontevedra o especialista en cerámica galega, Alfredo García Alén, con moitas publicacións da súa autoría sobre esta temática.
abril-10 1976 Morre Ramón Otero Pedrayo, na mesma casa da cidade de Ourense na que nacera.


abril-11 1972 Falece en Callobre (A Estrada) o escritor Ken Keirades (Manuel García Barros), que lle dá nome a un premio de novela que se convoca na actualidade.


abril-13 1896 Nace en Negreira o procurador dos tribunais, agrarista, xornalista e escritor Salvador García-Bodaño Fernández. É o pai de Salvador García-Bodaño, poeta e académico da RAG.


abril-14 1931 Nace a 2ª República española, un réxime político que abriu a esperanza de que Galicia acadase un Estatuto de Autonomía e unha maior atención ó cultivo e difusión da lingua e da cultura galegas.
abril-14 1947 Primeiro programa en galego na radio: o Galician Programme, de Alexandre Reimúndez, dentro do Spanish Programme da BBC. Dura ata 1956. Tiña tamén emisións en éuscaro e en catalán.
abril-14 1949 Morre na Coruña o polígrafo e lexicógrafo (que foi primeiro secretario e logo presidente da RAG) Eladio Rodríguez González.
abril-14 1978 Constitúese a sociedade cultural e pedagóxica Escola Aberta, con moitas iniciativas en prol do ensino en galego.


É este un traballo de cronoloxía realizado polos profesores Antonio Puentes Chao (Lingua e Literatura Galegas) e X. Amancio Liñares Giraut (Xeografía e Historia).

0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :