domingo, 20 de novembro de 2011

** No es lo mismo...


SANXENXO. Julio Torres

Efectivamente, como ben di a canción "no es lo mismo", nesta vida non todo é o mesmo. Unha simple coma, ás veces, varía o significado dun texto e as propiedades matemáticas fanse humanas e erran. Hai que estar atent@s pois hoxendía a manipulación está á orde do día e a claridade brilla pola súa ausencia, nun terreo no que as medias verdades se impoñen e van da man co oscurantismo e da dictadura camuflada. Coidado...


5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dixo...

Esta entrada meteume o medo no corpo. E non o digo de broma, non. Ten aires de profecía.

Julio Torres dixo...

En efecto, Alvariño, tampouco é o mesmo broma que medo. Hai diferencia, como ben sabes. Broma é para rirse, e medo é para estar serio do que se fai ou se di. Mágoa que moit@s sigan sen darse conta de que o medo, nesta ocasión, non vai de farol. Ougallá...

Alvariño dixo...

O que vai pasar, vai pasar. Non toda a xente pensa do mesmo xeito. A pena é que moita xente fai as cousas visceralmente, sen chegar a comprender o alcance de determinados actos. Menos mal que as cousas foron mudando e a xente nova está moito máis formada. Con todo, xa veremos, inda pode haber algunha sorpresa.

Julio Torres dixo...

Estou dacordo Alvariño co que dis. Con todo, cómpre ter opinión propia e non inducida. Hai que pensar por un mesm@, utilizando algo que lle chaman memoria...

Anónimo dixo...

"tengo pomada pa' to' los dolores
remedios para toda clase de errores
también recetas pa' la desilusión"

-Algo para la desilusión, please.