** Oda ó 2009: todo un ano por descubrir. Sorte!!!
Atrás queda o 2008, coas súas cousas boas e as súas cousas malas. Como todo nesta vida. A nivel do blog quixera destacar o 2º posto acadado nos Premios 20 Blogs 2008 na categoría do mellor escrito en versión orixinal (isto é: en idioma diferente ó castelán).
Pero votemos a vista adiante. Hoxe xa é 1 de xaneiro de 2009. Un día fantasma no que a meirande parte da poboación vivirá a noite e descansará durante boa parte do día, máis incluso que se fose un festivo calquera....
Enfilemos este 2009, o ano do boi ("buey") no horóscopo chino. Como tódolos meses de xaneiro, este tamén estará cheo de bos desexos e intencións: deixar de fumar, ir ó ximnasio, casarse, ter fill@s, atopar traballo, levarse ben co/a sogro/a,xenro ou nora, e un longo etc. xalonan un exército de intencións. Moitas delas esvaeceranse ó pouco de empezar e engrosarán o recital de futuros propósitos anuais pendentes.
A nivel particular, o 2009 espero que me permita realizar diversos proxectos persoais, familiares e laborais. Outros que tiveron o seu inicio en 2007 quedarán definitivamente atrás. Xa os din por concluidos. E é que as cousas teñen o seu ciclo. Con acertos ou erros non me arrepinto de telos abordado. De feito dos erros é do que máis se aprende. Sempre serven de boa experiencia. Iso sí, @s que me coñecedes ben sabedes que me gusta ser sempre honesto, xa que non o entendo doutra forma e, amais, é a única maneira de ter a conciencia ben tranquila, algo que non tod@s poden dicir nun mundo egoísta impregnado de hipócritas, cínic@s...
No 2009 A Lareira Máxica seguirá o seu curso, se ben cun ritmo máis pausado porque non vivo de facer este blog e hai outras prioridades. O blog simpremente é unha forma de seguir ligado ó mundo do xornalismo que tanto me gusta. Desde o seu nacemento en maio de 2006 o blog non para de crecer en número de visitantes, o cal é de agradecer. Gracias, de corazón. Sen visitanes, colaboradores ou comentaristas, non tería sentido. Sería como vivir nun deserto. Por certo, seguirá sendo o que é, na líña de sempre e haberá cousas novas...Todo ó seu tempo.
A nivel xeral, o 2009 agocha diversos acontecementos, incertidumes e respostas a moitas preguntas. Entre outras e so a modo ilustrativo:
DEPORTES: ¿Quen gañará a Liga de Fútbol? ¿E a Champions? ¿Que fará Ferando Alonso? ¿O tenis español logrará reedidar os éxitos de 2008? ¿E o ciclismo?
SOCIEDADE: ¿Darmos saído da crise económica? ¿Que pasará nas eleccións autonómicas de Galicia (mes de marzo)?
CULTURA: ¿Un ano máis haberá votos por amizade en Eurovisión? (Bueno, ejem, isto creo que non vai cambiar...). ¿Quen gañará os Óscar? ¿Qué novas películas se estrearán nos cines que valga a pena velas?
Estas e moitas outras preguntas resolveranse ó longo deste 2009. Desexo que sexa un bo ano cheo de saúde, amor, traballo e, en definitiva, felicidade, para tod@s @s visitantes deste, o voso, blog: A Lareira Máxica. SORTE!!!
E ti, ¿que esperas deste ano? ¿Que acontecementos resaltarías de 2009?
2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Que todos os teus/vosos desexos se cumpran. Saúdos desde INICIARTE
http://artenoafonsox.blogspot.com/
Hola.
Me llamo Pablo de Animaciongalicia.com
Despedidas de solteros y solteras en Galicia, animacion y eventos.
Vi el link en el blog Turismo Galicia pues intercambiamos un post y me parecio buena gente. Me gusto su blg y me llevo hacia vosotros. Podemos intercambiar algun link o post?
Muchas gracias
Pablo
Publicar un comentario