** A verdadeira amizade
De súpeto soa o teléfono e del emerxe unha voz familiar, amiga e que irradia, alegria, nostalxia e lembranzas, moi boas lembranzas. No mellor intre do pior momento. Un raio de luz, un motivo para seguir. De fondo soa "Dónde estabais", do grupo La Unión. Que contradición. A ilusión emerxe dos seus ollos, a faciana muda de aspecto e o traxe da felicidade inunda o ambiente para non desaparecer. Un xiro, unha esperanza, unha ilusión. Ser importante para algúen, respeto, empatía. Unha conversa entre dúas persoas amigas. Algo habitual entre nós. Horas de conversa. Detalles nimios pero vitais para o ser humano. Unha amizade fértil e recíproca sen intereses, nada que ver coas devastadas polas lapas voraces e indiferentes do tempo, nas que a memoria se esvaece e a preguiza impide o seu cultivo. Amizade. Vida. Respeto. Compartir as pequenas grandes cousas da vida, que diría o gran Nacho Mirás.
----------------------
Este artigo vai adicado a unha BOA AMIGA con maiúsculas, que estará lendo A Lareira Máxica desde o ceo na compaña, entroutros, de Nacho Mirás. Unha gran persoa e amiga. Todo o que se poida dicir dela é pouco. O texto só represena a felicidade que representaba falar con ela e estármonos periodicamente en contacto, como bos amigos que eramos. O tempo esvaecíase e as horas transformábanse en segundos. María: foi un inmenso pracer terte coñecido naquela antiga facultade de Mazarelos e ter sido tan grandes amigos. Que rabia me deu coñecer a túa morte... DEP estimada amiga.
0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Publicar un comentario