viernes, 13 de septiembre de 2013

** Agradecementos e disculpas

Levo un tempo sen escribir e cando regreso, volto con enerxias renovadas e se, por riba, retorno tras uns días enfermo pois aínda mellor. Logo de poder falar pouco pois agora xa estou mellor. Sí, xa sei podía escribir, pero tampouco me apetecía e menos estando mal. Tamén quero aproveitar para dar as gracias a varias persoas coas que "falei" estes días para felicitarme sobre algo persoal. Da gusto ter ami@s que se lembran de min por moitos anos que pasen. A min pásame o mesmo con eles. Incluso cos que hai bastante tempo cos que non falas en persoa. A pena foi que dado a miña convalencia pasaxeira non puiden departir un longo tempo de conversa dos que xa saben os meus e miñas amigas que me encantan. Pero xa haberá tempo amig@s!! Gracias por acordarse dun amigo!! Por suposto, as gracias a todos eses seres queridos cos que están en contacto físico a diario e que te saben coidar cando non estás ben de saúde. Vaia que non foi nada do outro mundo, pero voltar a estar ben pois aleda e da felicidade a un e creo que é de xustiza ser agradecido. MOITAS GRACIAS!!!

Aproveito para pedir disculpas porque nas últimas semanas parei un pouco a actividade do blog. Sei que hai varios artigos pendentes de ser publicados. Dádeme tempo, que xa sabedes que antes ou despois publico o que me enviedes. É unha enorme satisfacción ler os artigos que enviades para publicar en A Lareira Máxica, así como os comentarios. Sen eles isto non tería vida. Sen interacción sería aburrido. Gústame que participedes, aínda que teñades opinións distintas nos temas. Semrpe que haxa respeto, como o está a pasar.

Ah, lembrarvos que a páxina do face de A Lareira Máxica segue e seguirá activa, a pesares de que xa non teña perfil meu no face. Patricia Loureiro estase a encargar dela. Digoo porque hai xente que sigue pensando que a administra eu e xa non é así. O que está a facer é subir alí tódolos enlaces dos artigos que se publican aquí. Gracias Patri pola túa colaboración desinteresada!!

.....................................................................................................................................
Julio Torres

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Alvariño dijo...

Bueno, o importante é que xa te atopes mellor. Xa nos iremos poñendo ó día. Hai tempo, todo o tempo do mundo.
¡Saúdos!

Mary Camiña dijo...

Coincido con Alvariño ao decires que o importante é que estés mellor. A saúde é o máis importante. Saúdos.

sonia dijo...

Bo día Julio!

Non me enterei de nada, supoño que agora estás ben.

Por outro bando felicidades pola razón que sexa.

Supoño que aparezo so de vez en cando, o sinto.

Desfruta.