lunes, 24 de junio de 2013

** Miko premio+Lazo vermello= O arquivo


TEO. mARIAM

Do relato Miko-premio quédome cunha idea central: qué levaban escrito os paus dos helados que non traían premio.Paréceme un tema clave. Final aberto ou pechado. Porque o sigue buscando, con ser jodido, inda da un chisco de esperanza. Nada é nada. O caso é que na vida sempre é mellor algo. Non como consolación, que para eso ata venden patitos en Sephora. Si, a min tamén me parece curioso. Seica tamén serven para dar masaxes terapéuticos. Agora que a miña migraña decideu ampliar os seus horizontes e ameaza con conquistar as cervicais…

Bueno, ó tema: poucas cousas na vida son merecedoras de ser arquivadas baixo o epígrafe: NADA. Polo menos, a min non me pasa. Será que eu concibo a vida coma unha sucesión de experiencias, máis ou menos gratas. Algunha ingrata, tamén, non o vou negar. E así, facendo tramos do camino e acumulando experiencias, fun creando a miña propia sabedoría. Atención, palabra maior: sabedoría. Estoume referindo a esa sabedoría que soamentes se aprende na Universidade da Vida, e eso prestando atención. Algunha xente nace e morre estúpida. Están entre nós e convén telos identificados. Non son perigosos pero cansan unha barbaridade.

Na carpetiña NADA gardo catro papeis. Afortunadamente, a carpeta ALGO pesa máis, moito máis. Tamén teño a carpeta LAZO VERMELLO. Nela está a xente que se me foi facendo imprescindible. Son aquelas persoas que estimo profundamente, os que viñeron para quedarse. Outras, non. Outras son persoas que están de paso. Coincidimos nunha etapa e logo seguiron o seu camino.

Os que me coñecen preguntáranse onde teño gardado ó señor boticario. Boa pregunta. Inda non o arquivei. En quente non se pode facer, o mesmo que non se poden tomar decisións no medio das tormentas. En NADA, non. Alí,soamentes gardo un indesexable e un par de moscas cojoneras. Entón, a ALGO. Pode ser, ALGO é unha especie de caixón de sastre. ¿LAZO VERMELLO? Non creo. Tampouco o sei con certeza, a resistencia dun lazo vermello compróbase co paso de tempo. En Santiago chove moito e a humidade adoita estragar os tecidos cativos.



.....................................................................................................................................
ENLACES RELACIONADOS DE RECOMENDADA LECTURA:

--> Miko Premio
--> Hilo Rojo

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

Antes de nada dicirche que había moitos meses que non tiña o pracer de ler algo teu polo que me alegro moitísimo deste artigo e, como sempre, gústame.

Agora que parece que o verán fixo a súa aparición -agardemos que para quedarse moito tempo connosco- este artigo que retoma aquel mítico do Miko Premio é acertado. No que atinxe ó artigo propiamente dito quédome coa carpeta Lazo Vermello apartado a. Esa é a xente que merece a pena. Xente que deixa pegada e que é imprescindible, como moi ben dis.

Coido que é unha clasifición máis sabia que aquela que fixen en máis dunha ocasión en A Lareira Máxica sobre @s amig@s.

As grandes persoas que entran nas nosas vidas, coas que temos unha gran relación e nos atopamos cómod@s con elas, son máis que un premio, eu diría que son un gran tesouro impagable, por moitos miko-premios que teñamos, pois eu prefiro -e seguro que tódol@s de A Lareira Máxica- grandes persoas ó meu carón (aínda que sólo sexa unha) que moitos helados gratis. Hai cousas que non se poden pagar con cartos e esas persoas son un claro exemplo.

O teu artigo é un artigo máis profundo do que en apariencia representa. Un artigo cheo de sabedoría.

Xa estou desexando ler un novo artigo teu, pois fai reflexionar do que verdadeiramente importa nesta vida e non de tantas trapalladas que nos vende esta sociedade consumista e interesada.

Felicítote polo teu artigo estimada Mariam. Xa estou desexando ler o teu próximo aritigo.

Carpe Diem e saúdos máxicos

Mariam dijo...

Alégrome que che gustara, Julio. Pois nada, en canto teña tempo, collo outros dous artigos e fago outro "texto refundido".
Tamén espero que este verán poida invitarte a un helado. Creo que agora xa non hai Mikos-premios, ou ó mellor si. Agora estamos nunha época moi vintage na que todo volve.
¡Saúdos!

Julio Torres dijo...

Que ben Mariam!! Quedo á espera entón.

Carpe Diem

absorbente para hidrocarburos dijo...

muy interesante tu post.

Alvariño dijo...

Mariam, non me gustou. Tes que sair do arquivo ese e ventilarte. Témome que no arquivo tes polillas. Xa sei que parezo Paco Umbral, pero sei do que falo. Eu mesmo padecín os terribles efectos da carcoma. Non che digo máis, podes lelo ti mesma en "Alcanfor e lavanda"