lunes, 14 de noviembre de 2011

** Radio Topolino Orquesta e a vaca leiteira quédanse orfos


SANXENXO. Julio Torres


Cantos anos había que non escoitaba estes dous temas musicais que cantaba Radio Topolino, orquesta que triunfou nos anos 80, sobre todo na primeira metade. Hoxe, casualmente, atópome coa noticia de que finou o seu cantante, Joaquín Laría, aquél que nos contaba que tiña unha vaca leiteira, ou unha casa de papel e tanto outros temas que destilaban alegría e festa. Inconfudible o seu traxe branco con paxariña. ¿Quen non escoitou algunha vez o de "tengo una vaca lechera, no es una vaca cualquiera...". Descanse en paz. Sorte, que as súas cancións perdurarán e serán lembrados. Seguramente non era temas bos, pero o que ninguén poderá negar é que eran divertidos e entretidos. E moitos de nós crecemos con eles...



1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Totalmente dacordo coas tuas palabras. A pesar do seu corto repertorio, deixaron a súa peculiar pegada. Descande en paz