viernes, 4 de diciembre de 2009

** O disfraz vermello de tódolos anos

H ai un pouco lía no encantador blog da amiga Meiguinha
un artigo dela sobre o Nadal. Quédome con dúas palabras: consumismo e hipocresía.

A primeira que falar dela: datas sinaladas que buscan máis o negocio que a celebración en sí. A publicidade dos xoguetes en setembro que en octubro xa é tarde...Vaia, vaia...E por si se nos olvida, acendamos os alumeados navideños en noviembre, non vaia ser...Coido que sería máis que suficiente que se acenderán uns días antes do Nadal. E coa crisis, pois que mellor motivo, aínda que ós comerciantes e empresarios non lles faría nin pizca de gracia. Dáme igual, coido que esta sociedade xa está abondo plagada de consumismo. Así de taxante.

Sobre a hipocresía, pois @s que me coñecedes sabedes que non trago á xente que é falsa e que diante de ti di unha cousa e por detrás outra ben distinta. Iso non é ser boa persoa. O mesmo acontece coas actitudes diante do Nadal. Non se pode tratar de ser bo so no Nadal. Non. ¿E o resto do ano qué?. ¡¡Coherencia, por favor!! Precisamente algo que falta hoxendía.

E claro cando o Nadal consiste en consumir e ser hipócritas pois moi mal vamos. Hai que ser como se é todo o ano (esperemos que para ben). E consumir sen pasarse. A todo isto o Nadal non é iso, senón outra celebración ben distinta e sincera.

¿Cando se moderará esta vena consumista? ¿Que valores lles estamos inculcando ós cativos e non cativos? ¿Cara onde imos?. Hai que mirar máis aló de 2010 dunha vez...

Polo de pronto, trátase de ser felices e tratar de facer felices ás persoas, non un día nin 15, senón os 365 días anuais (un máis se é ano bisiesto). Como acostumo a dicir: non hai cartos que paguen boas accións. Sentirse feliz non depende do que gastes, senón no que dás sen esperar nada a cambio. En tratar de ser boa persoa e sentirse ben por dentro. Así é como hai que facer. Doutra parte, aínda que pode haber diferentes e incluso comprensibles situacións, o bo do Nadal é xuntarse coa familias e bos amigos pero sendo cómo eres. ¡¡¡FÓRA HIPOCRESÍA E CONSUMISMO DESAFORADO!!!



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

8 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Meiguiña dijo...

Querido Julio sintome halagada e honradacando me mencionas na tua lareira máxica que eu considero tamen un pouco miña porque moitisimas veces coincidimos no que pensamos e esta vez non ia a ser menos.

Eu son eu, tanto en xaneiro coma en xullo coma nas Navidades. Doulle unha limosna a un pobre calquer dia do ano e non nestas fechas coma fai moitisima xente, caeme mal alguen en febreiro e en decembro sigueme caendo mal, son boa persoa, boa nai, boa filla, boa traballadora os 365 ou 366 dias do ano no que este, non no nadal.

Estou farta, moi farta da hipocresia, do consumismo, desta festas onde todo o mundo e bo e o resto do ano e un ...

Sexamos todos os dias boas personas, xuntemonos cos amigos, ca familia calquer momento e disfrutemos deles.

Biquiños meigos querido amigo Julio e pasemos estas fechas acaron dunha lareira maxica.

Carpe Diem

Mariam dijo...

A min tamén me apesta o consumismo que rodea ó Nadal . O que pasa é que os valores cambiaron. Agora, a sociedade volveuse máis laica, máis descrida, máis salvaxe. ¿Valores? Cadaquén terá os seus. Tampouco é cousa de xulgar. Mentres non se lle cause dano ou perxuizos o prójimo eu creo que cada un pode facer o que lle pete. O outro día falaba con miña nai desto do consumismo navideño e ela díxome un refrán: "con mi dinero hago lo que quiero". É así, cada un de nós gasta os cartos como lle peta.
A crise de valores é tan profunda que non creo que o do consumismo vaia a menos. Tiña que producirse un cambio enorme na mentalidade da xente.
Vivimos tempos difíciles e moita xente sigue estando nunha nube. Faime graza a TV. No telexornal mesturan as novas relacionadas cos escalofriantes datos do paro coas novas que falan das compras navideñas. Logo, saen os comerciantes falando da campaña do Nadal. O Nadal é eso, campaña. Tempo de facer caixa.
Nós somos uns privilexiados porque o noso nivel cultural permítenos reflexionar sobre este tema. Moita xente non ten esa posibilidade, nin ten a capacidade intelectual necesaria para poder facelo nin as ganas de ver máis alá do seu propio ombligo. Son coma unha especie de borregos totalmente manipulados pola publicidade. Unha pena.
Afortunadamente, existe este sitio onde se pode berrar ben alto: ¡QUE RABIA ME DA O CONSUMISMO NAVIDEÑOOOOO!
Bueno, como esta páxina non se actualiza tanto coma antes, xa aproveito agora para desexarvos a todos un estupendísimo e nada consumista nadal. Mariam.

Anónimo dijo...

Hallo Julio!

Felicidades por tu último artículo. A mí me encanta ver la cara feliz de Jamie cuando le doy alguna cosita, no tiene por que ser un regalo caro ni tiene por que ser navidad. Cualquier día, por lo que sea. Lo que me gusta de la navidad es que nos esforzamos más en encontrar tiempo para ver a la familia, a los amigos... hoy en día la vida va tan rápido que no tenemos tiempo para pararnos a tomarnos un respiro y disfrutar de lo que tenemos, toda esa genta que queremos y que nos quieren.
Bueno, yo no soy escritora pero espero explicarme bien.
Un saludo a ti y todos los que escriben aquí y dan su opinión.

Alvariño dijo...

Julio:
Nesta lareira, por moi máxica que sexa, bótase en falta un chisco de lume. Eu, con este frío polar, inda me vou conxelarrr....!!
¡Saudos para todos!

sonia dijo...

Primeiro Grazas Patricia por estar ahí, e colaborar con Julio.
Julio ánimo e adiante.

Si, estamos rodeados dun mundo consumista, encantaríame decir que non o sun, pero tristemente cada vez máis parece que ando nese mundo. Triste porque son incohente conmigo mesma y co resto do mundo.

Agora estaba vendo o correo e cheganme felicitación do Nadal de power-point, as cales agradezo porque quere dicir que a xente se acorda de ti, ....Pero preguntábame se o Nadal é como o pintamos, onde está o Nadal da Xente que non ten de comer, da xente da calle, da xente sen libertade, na xente maltratada. ..Parece que nas felicitacións estivese prohibido unha realidade tan palpable, pero seguimos caendo unha e outra vez no mesmo, eu a primeira.
Tes razón Julio, ogallá o Nadal fose todo o ano, non so agora. Non esquecer que personas somos todo o ano, que sementar seméntase todo o ano, que esperanza, soños e ilusións hay que telos cada día e cada instante.
Tamén pecamos de hipocresía, tampouco me podo escudar totalmente deste aspecto.
Supoño que día a día, hay que levantarse coa intención de mellorar e se caemos voltalo a intentar.
Creo que non hay malas persoas, senón malas acción. A vida de cada un, como é , como a sente e a percibe, fai que un se forme, e as veces esqueza que o noso carón hai xente coa que convivimos e debemos ter boas accións e agradecer o que temos. Sen embargo, algúns esquecémonos e cometemos malas accións.
Para que a esperanza, os soños e a ilusión dun mundo mellor se manteña todo o ano, en cada momento das nosas vidas.
Para que non esquezamos que somos afortunados e moitos nos queren.
Para que teñamos non unhas felices festas como me decía un amigo, senón unha feliz vida.
Grazas. Por cada día, por cada ilusión, por cada sorriso, por cada abrazo, palabra, xesto...

Alvariño dijo...

Sonia, tes toda a razón.

O Moucho dijo...

Ainda que non lein o artigo da meiguiña, si lein o desta lareira máxica, e quedome con alguns comentarios cos que estou moi profundamente dacordo. Por sorteo u desgracia, (non sei), o noso país onde vivimos tende a ser profundamente laico, o que fai que se desplace o significado verdadeiro do nadal por una idea de tempo de vacación onde pasalo ben, comer o que non se como durante todo o ano y mercar e mercar pois si non mercas pois como que non estas ó nivel da xente. Esta sería a visión catastrófica(si me permitides esta palabra), do concepto actual da navidad. Pero si leemos o que nos dí o noso amigo Anonimo, rescataremos un bo anaco do verdadeiro significado destas datas. Vivimos nunha sociedade que non para, que cada vez esquece o que é a convivencia con outras persoas ou incluso familiares, só nos centramos en nos mesmos. Esto nas ciudades ou nucleos urbanos esta sempre moi presente. Si é que apenas se coñece ós vecinos e o resto dos familiares so os ves de cando en vez. Illamonos cada vez mais dos demais, ata as veces dos nosos fillos. Enton despois de un ano de so pensar no noso, chega o nadal. Un tempo no que nos esforzamos mais para estar coa xente que esquecemos durante o ano. Os nosos familiares, amigos lonxanos,… E si vas volver a ver a esta xente que temos esquecida, ¿Por qué non os invitamos a comer, obsequiamolos con algún agasallo, e pasamos una tempada xuntos, falando e compartindo eses momentos que esqueceches compartir durante todo o ano? É una pasada cando lle mercas algo os mais cativos, inda que non sexa costoso. Eso si, non debemos de caer en mercarlle algo ó neno para que nos deixe tranquilo durante as vacacións. Este é un tempo para estar mais tempo coa familia e compartir esas cousas pequenas, que non fixeches durante todo o ano. Non sei si me explico. Tempo de amosar o noso amor ós demais. Xa sei. O difícil é non caer no consumismo, resultado desa crise de valores tan profunda que nos fala Mariam. Pero temos que aportar ós demais a nosa amizade e amor, que non facemos durante todo o ano. O esforzó vale a pena.
En canto ós adornos e alumeados navideños, non estou dacordo con xulio nin meiguiña. Ainda que técnicamente faise por fomentar o comercio local, eu prefiro pensar que eses alumeados rescatan do significado do nadal, esquecido polos concellos, un tempo que nos invita á transformación das nosas vidas, un momento ó final do ano no que recapitulamos o que fixemos e o que non fixemos. E a partires de aí, renacer de novo, deixar de mirarnos o cú e achegarnos ós demais. Pensar no comenzó do novo ano que se avecina e renacer das nosas cinzas. E todolos anos temos esa posibilidade. Á xente gostalles ver transformado a sua casa e o seu pobo, por un tempo, en algo mais bonito e diferente. Claro está que si solo pensamos en que esto se fai só polo comercio, mal vamos. Eso é un indicativo de que o que pensa eso perdeu certa prespectiva do que significa o nadal. O nadal significa nacemento, comenzó de algo novo,… ¿Por qué non podemos adornar as nosas vidas, invitar as nosas familias e amigos, que apenas vemos todo o ano, a compartir una anaco das nosas vidas, antes de comenzar un novo ano? Rescatemos un pouco o significado do nadal, e non afundamolo seu significado pensando que son unhas festas coma outras calquera.
Felices Navidades a todos e que teñades un renacer no ano 2010, millor que no do 2009.

Mariam dijo...

Querido amigo Moucho: o teu post está cheo de boas intencións. Encántame comprobar que aínda polo mundo personas coma tí.