martes, 3 de marzo de 2009

** Unha inoportuna confusión de palabras de ZP

Ás veces a nosa lingua xóganos unha mala pasade e confunde, de xeito inconsciente cas sempre, palabras. Dicimos cousas que nin estabamos pensando nin queriamos dicir, pero saen sen querer, sen ningún tipo de maldade. A tod@s nos aconteceu algunha vez algo parecido. A min polo menos. ¿A quen non?. E pásase mal nese intre. Abofé que sí. Son cousas que ocurren e punto, hai que quedarse co lado simpático, simpremente.

Hoxe a confusión dialéctica tocoulle á ZP nunha rolda de prensa que deu con motivo dun encontro co presidente ruso (menudo compromiso para o propio ZP e para os traductores, pobres!!). Seguramente outras veces lle tocou/ tocará a outros politicos de calquera formación. O de ZP non deixa de ser unha anécdota simpática. Non vexades ningún tipo de lectura política porque non a ten. Se fose doutro político ou se fose dalgunha outra personaxe famosa, tamén o tería publicado. PALABRA!!

NOTA: ¿E que di, preguntarédevos moitos? Préstade atención ó que di a partir do segundo 18.... Doutra parte, creo que o feito de ter rectificado a palabra inmediatamente e non terlle dado importancia, fixo que soubera saír ben do apuro.

1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

Na miña opinión foi un lapsus linguae sen maior importancia, o que pasa que os xornalistas sodes como sodes.
Aisss, se prestáramos mais atención a outras cousas .........
Está ben como anécdota, pero sen mais porque ademais soubo saír moi ben da situación rectificando ó momento.