luns, 29 de xuño de 2009

** Ukaná: O paraíso da fotografía

Os amantes da fotografía estamos de noraboa. Naceu Ukana.es, weblog que recolle a obra de Xoán Diéguez. "Una idea...Una propuesta de comunicación visual...Fotografía...Profesión y pasión", así define o seu creador esta páxina. Instantáneas feitas por un apasionado do mundo fotográfico que son arte en sí mesmas pois non se escapa ningún detalle. As imaxes aparecen clasificadas por temas: industrial, publicitaria, editorial, humana, paisaxe e fora e fauna. Moitas das fotografías son dunha beleza extraordinaria. Estou seguro que costou facelas -denotan rigurosidade e paciencia-, pero os resultados avalan e premian o esforzo invertido.

Recoméndovos a visita desta weblog. A pesar de que aínda acaba de botar a andar, xa dispón dun amplo elenco de fotos. Coido que se pode convertir nun dos referentes no mundo da fotografía. Tempo ó tempo.



UN ARTIGO-OPINIÓN FEITO POR: Julio Torres
Coordindador de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de...Bob Dylan


" O verdadeiramente natural son os sonos porque permanecen á marxe da descomposición da natureza "



Bob Dylan

venres, 26 de xuño de 2009

** A Torre de Hércules, patrimonio da Humanidade

Esta fin de semana saberemos se, por fin, a Torre de Hércules é declarado patrimonio da Humanidade. ¿Alguén pensa que non sería xusto ese recoñecemento?. Servidor espera que sí llo concedan. Sería unha excelente nova. Por certo, remíteme María Obispo (moitas gracias!!), de Diximedia Digital, este interesante especial que realizaron sobre a torre herculina e a localización dos bens xa declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

ACTUALIZACIÓN 27-06-09: A UNESCO declarou hoxe a Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade!!!

** You are not alone

For you are not alone
For I am here with you
Though we're far apart
You're always in my heart

Tú no estas solo
porque yo estoy aqui contigo
A pesar de que estamos muy, muy lejos
Tu estarás siempre en mi corazón



ENVIADO POR: Jose
Colaborador de A Lareira Máxica