martes, 23 de decembro de 2014

** Cos mellores desexos

Aínda que non son o Rei, por noveno ano consecutivo e coa chegada destas entrañables datas, quero desexarvos ós e ás colaboradores/as e seguidores/as de A Lareira Máxica un Nadal, así como un 2015 moi bo no que a felicidade vos asolague en tódolos aspectos e áreas da vida. Moitas grazas por estar sempre aí.

De igual xeito quixera ter unha lembranza moi especial para aquelas persoas que non o están pasando ben por motivos de saúde, traballo, etc. O mesmo para as que perderon a seres queridos. Este días días constitúen unha durísima proba polo que conlevan as ausencias dos que xa non están connosco.

Dúas últimas cousas:
1- O Nadal non debe ser consumismo e regalos, senón unha época para pasar en familia, na compaña dos seres queridos e dos bos amigos. O verdadeiro regalo son as persoas que nos aprecian e ás que nos apreciamos.
2- O espírito navideño está moi ben, pero de pouco vale instauralo agora se o resto do ano o abandoamos. Debemos adoptalo os 365 días do ano. Non só no Nadal.

....................................

Julio Torres

venres, 19 de decembro de 2014

** Os 25 anos de Floreano

Floreano,o personaxe do humorista gráfico Gogue, cumpre 25 anos connosco. De aspecto moito maior e coa súa inconfudible boina, Floreano é un bo amante do viño e da xoldra. Longa vida a Floreano e longa vida ó humor gráfico galego con debuxantes gráficos tan bos como Davila, Gogue ou o Carrabouxo, entre outros. Rir sempre é bo para a saúde, pero non sempre é doado. Grazas!!

....................................................
Julio Torres

sábado, 13 de decembro de 2014

** Madonna, anos 80

Madonna é, sen dúbida, unha das grandes cantantes do pop internacional. Coido que se poderían distinguir varias etapas na súa carreira, cores de pelo e escándalos á marxe. A música que máis me gusta dela era a dos 80 pois é un son máis netamente pop. Nesta época interpretou míticas cancións coma: Holiday, Who´s that girl?, La isla bonita, Material Girl, True Blue, Like a virgin, Like a prayer (canción que acaba de cumpriu xa 25 anos, Express yourself ou Cherish. Persoalmente considero que as cancións de 1990 en diante, agás algunha excepción,non superan en calidade á dos 80.





...........................................................

xoves, 27 de novembro de 2014

** Os bancos intensifican a venda de productos con riscos

Logo do escándalo das preferentes e das subordinadas na que todos coiiciden que miles e miles de españoles foron estafados e non informados dos riscos que conlevaban (existen multitude de laudos arbitrais e sentencias xudiciais que así o demostran), os bancos parece que voltan ás andadas ofrecendo novamente productos con risco a clientes que van pedir depósitos a prazo fixo de toda a vida: bonos, fondos de inversión, pagarés e outros. Incluso ós que non piden producto algún. Cómpre, pois, estar alerta e ter moito ollo co que nos queren vender. É algo xeralizado a tódolos bancos, como podemos ver neste artigo elaborado por ADICAE.


Lembrade: non se debe firmar nada que non se sepa o que é, aínda que cho venda a persoa do banco que coñeces de toda a vida. Eles van ó seu e reciben atractivcas comisións por vender o que lle mandan os seus xefes. Agora os bancos están obrigados a facilitar todo tipo de información para que o usuario poida estudar con calma o que vai firmar. E se se negasen débese acudir á Oficina de Consumo e poñer a conseguinte denuncia. Así que, en caso de dúbida débense levar os contratros a asociacións de consumidores (ADICAE, AUSBANC,...).

En fin que rescatamos bancos, pero os vellos costumes parecen que rexurden...


...........................................................
Julio Torres